Fronte Popular (España): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Substitución automática de texto (-Nembargantes +Con todo)
Liña 4:
A Fronte Popular de España, coalición política de republicanos de esquerda, socialistas e comunistas, gañou as eleccións celebradas o 16 de febreiro de 1936, manténdose no goberno ata o final da Guerra Civil Española en 1939, con [[Manuel Azaña]] como presidente da II República. No momento do golpe de estado a presidencia do Goberno era ocupada por [[Casares Quiroga]]. Durante o [[franquismo]] seguirán mantendo a [[república española no exilio]].
 
Estaban entre outras organizacións o [[PSOE]], o sindicato [[UXT]], o [[PCE]], o [[POUM]], e os partidos republicanos [[Esquerda Republicana]] (IR) de [[Manuel Azaña]] e a [[Unión Republicana]] (UR) de [[Diego Martínez Barrio]]. O pacto estaba apoiado polos nacionalistas cataláns como [[ERC]] e incluso (non explicitamente) pola central anarcosindicalista [[CNT]]. NembargantesCon todo, moitos anarquistas que logo combaterían polo bando republicano, nas eleccións pediron a abstención.
 
A coalición entre socialistas, comunistas e nacionalistas republicanos tiña un programa reformista, como a defensa das reformas sociais do primeiro goberno de 1931, que estaban sendo paralizadas ou eliminadas polo posterior goberno conservador. Tamén xurdía como resposta para pedir a liberación dos detidos e sometidos a proceso por responsabilidades nos feitos acontecidos durante a [[Revolución de 1934|Revolución de Asturias]] en 1934, e ante o avance en Europa do [[nazismo]] de [[Hitler]] e o [[fascismo]] de [[Mussolini]]. Nese momento tamén en [[Francia]] gobernaba a [[Fronte Popular (Francia)|Fronte Popular Francesa]].