Alanina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 24:
==Funcións fisiolóxicas==
===Ciclo da glicosa–alanina===
A alanina xoga un papel chave no [[ciclo da glicosa–alanina]] que ten lugar entre os tecidos e o [[fígado]]. No músculo e outros tecidos que degradan aminoácidos para obter enerxía, os grupos amino tómanse por [[transaminación]] de moléculas de [[ácido glutámico|glutamato]]. O glutamato pode entón transferir o seu grupo amino pola acción do [[encima]] [[alanina aminotransferase]] ao [[piruvato]], que se produce na [[glicólise]] muscular, formando alanina e [[alfa-cetoglutarato|α-cetoglutarato]]. A alanina formada pasa ao [[sangue]] e é transportada ao fígado. No fígado ten lugar unha reacción inversa á da alanina aminotransferase, polo que se acaba rexenerando o piruvato. O piruvato así rexenerado forma glicosa por [[gliconeoxénese]], que volve ao músculo a través do sistema circulatorio. O glutamato no fígado entra na [[mitocondria]] e degrádase a [[ión amonio]] pola acción da [[glutamato deshidroxenase]], que á súa vez participa no [[ciclo da urea]] para formar [[urea]].<ref name="Lehninger">{{cita libro|autor=Lehninger |título=Biochemistry 4th|páxinas=684–85}}.</ref>
 
O ciclo da glicosa–alanina permite que o piruvato e o glutamato sexan retirados do músculo e cheguen ao fígado. A glicosa rexenérase a partir de piruvato e entón volve ao músculo; así o fígado debe fornecer a enerxía necesaria para a gliconeoxénese en vez de que teña que facelo o músculo. Todo o [[ATP]] dispoñible no músculo pode ser dedicado á contracción muscular.<ref name="Lehninger"/>