Cream: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: ro:Cream (formație)
m Bot: Substitución automática de texto (-Nembargantes +Con todo)
Liña 19:
O seu primeiro sinxelo editouse en outubro de 1966 e foi "Wrapping Paper", que foi a carta de presentación do grupo e do son Cream, seguiralle "I Feel Free", co que consolidaron o seu contundente son. Tras traballar duramente conseguiron crear máis temas cos que editaron o primeiro álbum do grupo, ''[[Fresh Cream]]'', que os catapulta coma o grupo punteiro e máis innovador do momento, a este LP seguiranlle dous sinxelos, xa considerados ''históricos'', e que no seu día foron grandes éxitos, "Sunshine of your love", un tema con moita forza, e "Strange Brew", un estraño beberaxe no que cada membro do grupo achega unha sustancia distinta pero que ó unirse produce unha exitosa amalgama.
 
Neste período de inspiración creativa nace o seu segundo álbum ''Disraeli gears'' nos últimos meses de 1967, este disco dará que pensar ós músicos desa época que verán nel as pautas que terán que seguir no futuro. ''Disraeli gears'' foi elixido Lp do ano 68 e os medios de comunicación desfaranse en eloxios sobre este traballo dos Cream. Ó longo de 1968 os Cream realizan unha xira moi exitosa que conclúe coa gravación, metade en directo no Filmore e a outra metade en estudio, do álbum ''Wheels of fire'', este Lp é considerado coma o cumio do son do grupo, denso, pleno e profundo son os cualificativos cos que se pode describir o seu son. NembargantesCon todo a vida do grupo agotouse moi pronto.
 
A inquietude de Clapton e Bruce pola busca de sons novos failles buscar novas bandas para desenvolver a súa música por separado( ademais por aquela época Clapton non vía con bos ollos o Rock tan comercial e masiva), Baker chegou a dicir que o grupo convertérase nunha máquina de facer cartos, así que cando o grupo estaba no máis alto decidiron dar o seu concerto de despedida o 26 de novembro de 1968 no ''Royal Albert Hall'' de [[Londres]]. Foi filmado e fíxose unha película e un disco, o seu último Lp chamouse ''Goodbye'', incluía o tema ''The Badge'' de Clapton, o cal foi o seu último éxito.