Coalición Galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
→‎Declive: lig int
m Bot: Substitución automática de texto (-Nembargantes +Con todo)
Liña 27:
 
==Eleccións autonómicas do 85 e xerais do 86==
Con varios deputados da extinta UCD, formouse un Gupo Parlamentario no Parlamento de Galicia co nome de Coalición Galega, onde comezou a despuntar [[Pablo González Mariñas]], procedente do [[Partido Galego Independente]]. Coa enfermidade de Franqueira ofreceuse a candidatura ao daquela subdirector xeral do [[Banco de España]] [[Víctor Moro]]. Este pronunciou o seu primeiro discurso ante unha entusiasta militancia o 31 de marzo de 1985. NembargantesCon todo, pronto agromaron discrepancias cos pesos pesados do partido e finalmente o candidato sería Pablo González Mariñas. Tería que procurar que no mesmo espazo político un ascendente [[CDS]] de [[Adolfo Suárez]] non lle comera terreo e que o Partido Galeguista, onde ficaron os que non quixeron integrarse, non lle contrarrestase o voto nacionalista moderado. Así mesmo, tiña que neutralizar o xiro autonomista que AP protagonizara en Galicia da man de [[Xosé Luís Barreiro Rivas]] e o antigo galeguista do [[Partido Popular Galego]], [[Xerardo Fernández Albor]], presidente da Xunta de Galicia e candidato a bater.
 
Nas [[eleccións autonómicas de 1985]], baixo o liderato de [[Pablo González Mariñas]], e o apoio activo de [[CIU]], obtivo 163.425 votos (13%) e 11 escanos. A [[Coalición Popular]] de Fraga Iribarne non acadara a maioría absoluta polo que para a reelección do seu candidato, [[Xerardo Fernández Albor]], necesitaría o apoio de Coalición Galega, que daquela se convertía en chave da gobernabilidade. Non tardarían en sentirse as presións.