Henri de Lubac: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m r2.6.3) (bot Engadido: sl:Henri-Marie de Lubac
m Bot: Substitución automática de texto (-Nembargantes +Con todo)
Liña 8:
Como profesor, empezou impactando co seu completo e elaborado ensaio ''Catolicismo, aspectos sociais do dogma'', onde condena unha visión individualista da relixiosidade cristiá. Creou con [[Jean Daniélou]] as ''Sources Chrétiennes'', colección de textos fundamentais da historia e literatura cristiá. En 1950, inicia os seus estudos verbo dos [[Pais da Igrexa]] reivindicando figuras discutidas pero básicas para entender o desenvolvemento do pensamento cristiá como [[Oríxenes]].
 
A súa énfase na natureza humana e a súa continuidade e plenitude na vida da [[graza]] divina, así como a súa visión dinámica e non conservadora da [[tradición]], provocou a súa persecución e a prohibición de escribir e ensinar. NembargantesCon todo, [[Xoán XXIII, papa|Xoán XXIII]] contará con el para a realización de traballos clave no [[Concilio Vaticano II]]. Dende ese momento convértese nunha figura indiscutida no pensamento católico.
 
De Lubac non refugou ningún debate, defendeu as ideas avanzadas de [[Teilhard de Chardin]], no seu intento de compatibilizar [[ciencia]] e [[fe]], teoloxía e [[evolucionismo]]. Abordou tamén o fenómeno do [[ateísmo]], que xulga máis ben un [[antiteísmo]] comprensible como rexeitamento a un cristianismo inauténtico, gris, moralista e insolidario.