Vitamina B3: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
VolkovBot (conversa | contribucións)
m r2.5.1) (bot Engadido: sl:Niacin
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''niacina''', ou '''ácido nicotínico''', '''vitamina B3''' ou '''vitamina PP''', é unha [[vitamina]] [[hidrosoluble]] cuxos derivados, NADH e NAD , e NADPH e NADP, xogan roles esenciais no [[metabolismo]] enerxético da [[célula]] e da reparación de [[ácido desoxirribonucleico|ADN]] <ref>[http://www.feinberg.northwestern.edu/nutrition/factsheets/vitamin-b3.html Northwestern University Nutrition]</ref>. A designación ''vitamina B3'' tamén inclúe ás correspondentes [[amida]]s, [[nicotinamida]] ou '''niacinamida''', con fórmula química C<sub>6</sub>H<sub>6</sub>ON<sub>2</sub>.
Co termo xenérico de '''niacina''' enténdese o '''ácido nicotínico''', a súa [[amida]] (a '''nicotinamida''') e todos os derivados biolóxicos que se poden transformar en compostos bioloxicamente activos. Polo xeral defínese a actividade da niacina nos alimentos como a concentración de ácido nicotínico formado pola conversión en niacina do triptófano contido nos alimentos. Esta é bioloxicamente precursora de dúas [[coenzima]]s que interveñen en case todas as reaccións de [[oxidorredución]]: o nicotin adenin dinucleótido (NAD) e o nicotin adenin dinucleótido fosfato (NADP).
 
A nicotinamida e o ácido nicotínico atópanse abundantemente na natureza. Hai unha predominancia de ácido nicotínico nas plantas, mentres que nos animais predomina a nicotinamida. Atópase principalmente no [[lévedo]], o [[fígado]], as [[aves]], as carnes sen graxa, os froitos secos e os [[legume]]s. O [[triptófano]], precursor da niacina, atópase abundantemente na carne, o [[leite]] e os [[Ovo (alimento)|ovos]].