Unió Esportiva Lleida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m r2.7.1) (Bot: Engado: hu:UE Lleida
Krisko (conversa | contribucións)
Liña 34:
 
=== Outro desencanto ===
A tempada do retorno a [[Primeira división española|Primeira]] volve ser decepcionante, xa que se volve a descender. A pesar de que o Lleida logra dúas vitorias de mérito: 0-1 no campo do [[FC Barcelona|Barça]] e 2-1 ante o [[Real Madrid]] no Camp d'Esports, o persoal non se axusta o suficiente e termina penúltimo con sete vitorias e a tres puntos da promoción. O club non acerta coas fichaxes e menos cos xogadores estranxeiros, xa que o danés Soren Andersen, chamado a ser o goleador do equipo, termina a Liga con só dous tantos, mentres que o bosníaco Nikola Milinkovic faino con seis. Os que si cumpren son Ravnic e o uruguaio Gustavo Matosas, que chega mediada a tempada e co equipo abocado ao descenso. Mané segue no cargo ao terminar a tempada e á seguinte rózase o retorno a [[Primeira división española|Primeira]]. Con todo, o Lleida, que terminara a competición terceiro, perde a promoción contra o [[Sporting de Gijón]] tras un 2-2 no Camp d'Esports e un agónico 3-2 no Molinón. É o fin da era de Mané, oito tempadas cheas de éxitos.
 
===Desaparición===
O [[25 de xuño]] de [[2010]], o máximo accionista Tatxo Benet abandonou a xestión do club, e cedeu tódalas suas accións á empresaria Annabel Junyent. Poucos días despois, a UE Lleida declarou o seu concurso de acreedores, nun último intento para reflotar a empresa. Nembargantes, a nova directiva non entregou no prazo previsto un plan de viabilidade.
 
No informe realizado para o concurso de acreedores, estableceuse a deuda total da entidade en 28 millóns de [[euro]]s, dos cales a metade correspondían a deudas coa Seguridad Social. Posto que non se entregou o plan de viabilidade, decretouse a liquidación da Unió Esportiva Lleida e a súa desaparición. O derradeiro partido que disputou foi o [[15 de maio]] de [[2011]] contra o [[CE L'Hospitalet]]. Cando rematou a tempada, puxo a súa praza en Segunda B a subasta. Un grupo inversor liderador polo empresario local Sisco Pujol adquiriuna, e creou como sustituto o [[Club Lleida Esportiu]].
 
== Estadio ==