Peto negro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Idade e causas da morte: algunhas correccións
Lameiro (conversa | contribucións)
recat.
Liña 58:
 
=== Conduta territorial ===
Como no caso doutros petos, os límites dos territorios dos petos negros non están ben definidos, e os territorios de caza veciños poden solaparse de xeito amplo sen que xurdan problemas entre os propietarios. Machos e femias ocupan territorios distintos fora da época de cría. Os encontros ocasionais non provocan agresións e os recursos alimenticios abundantes poden ser compartidos. Durante á época de cortexo e cría, a área inmediata ó niño, as zonas de máis dispoñibilidade de alimentos e as árbores usadas para facer sinais acústicos batendo co peteiro, son defendidos fronte a outros conxéneres e mesmo ás veces fronte a outras especies de petos. Nestas áreas os petos negros invasores son recibidos cun repertorio amplo de xestos, berros e demostracións ameazantes, que son máis intensos cando unha femia localiza un intruso tamén feminino, ou un macho un do seu mesmo sexo. As loitas entre rivais seguen un ritual estrito, e o seu elemento principal son subidas espirais polos trocos acompañadas de ataques finxidos e xestos coa cabeza., amosando sempre a marca vermella cara ó rival. En casos extremos pódese chegar ó enfrontamento físico.
 
Malia a súa talla grande, os petos negros non son moi agresivos á hora de defende-los seus furados de cría e se son molestados continuamente poden cede-los mesmo a aves menos grandes e fortes. Algunhas aves coma o [[moucho de Tengmalm]] aproveitan frecuentemente os furados dos petos negros para por os seus ovos. So durante a posta, a incubación e a cría os ocos son defendidos con máis intensidade e éxito.
Liña 125:
[http://www.iucnredlist.org/search/details.php/47406/all O peto negro na [[Lista vermella de especies amezadas]]. da [[IUCN]]]
 
[[Categoría:PicidaePícidos]]
 
[[az:Qara ağacdələn]]