Fosfolípido: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 10:
As moléculas anfipáticas ou anfifílicas teñen na súa molécula unha parte hidrófila e outra hidrófoba. Os fosfolípidos son anfipáticos. O grupo de "cabeza" dun fosfolípido é [[hidrófilo]] (atrae a auga), e as súas "colas" son [[hidrofóbico|hidrofóbicas]] (repelen a auga). A cabeza hidrofílica contén o grupo fosfato, cargado negativamente a [[pH]] celular, e unha molécula polar unida ao fosfato. A cola hidrofóbica xeralmente consiste en longas cadeas hidrocarbonadas de [[ácido graxo]]. Cando están na auga os fosfolípidos oriéntanse, xa que as colas hidrófobas tenden a agregarse para non estar en contacto coa auga e as partes hidrófilas establecen [[ponte de hidróxeno|pontes de hidróxeno]] coas moléculas de auga, polo que facilmente se orixinan [[bicapa lipídica|bicapas lipídicas]] e [[micela]]s, coas colas hidrofóbicas na parte central. Grazas a este carácter anfipático os fosfolípidos son os principais compoñentes das membranas, onde están acompañados doutros lípidos e [[proteína]]s.<ref>{{cite book | autor = Campbell, Neil A. | authorlink = | coauthors = Brad Williamson; Robin J. Heyden | título = Biology: Exploring Life | publisher = Pearson Prentice Hall | ano = 2006 | location = Boston, Massachusetts | pages = | url = http://www.phschool.com/el_marketing.html | doi = | id = | isbn = 0-13-250882-6 }}[http://www.phschool.com/el_marketing.html]</ref>
[[Ficheiro:P-lipid miguelferig.jpg|center|800px]]
Como os fosfolípidos son o compoñente principal das membranas, estas poden describirse polo [[mosaico fluído|modelo de mosaico fluído]], no que estes actúan como o solvente para as demais substancias da membrana, e todos os compoñentes teñen unha grande mobilidade na membrana, polo que poden difundir lateralmente e mesmo cambiar de capa na membrana. Outro dos compoñentes da membrana é o [[colesterol]], que contribúe a manter a fluidez da membrana ao empecer o empaquetamento dos fosfolípidos.
 
== Tipos de fosfolípidos ==