Mosaico fluído: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 30:
 
As proteínas da membrana poden ocupar unha das capas ou atravesalas totalmente (proteínas transmembrana), ou tamén poden ser superficiiais e estar unidas a outros elementos da membrana por medio de enlaces non covalentes. A cantidade de proteínas varía dunha membrana a outra. As membranas mitocondriais ou de retículo sarcoplasmáticas teñen un alto contido proteico de ata un 75% en peso, entanto que as membranas da vaíña de mielina dos axóns das neuronas teñen un contido compensado de proteínas e lípidos.
Como a maioría das proteínas son de maior tamaño ca o grosor da membrana, sobresaen por un lado da membrana ou polos dous. Igual ca os lípidos, as proteínas tamén poden moverse, pero de forma máis lenta, difundindo lateralmente, de maneira que as membranas biolóxicas presentan unha superficie continuamente cambiante, e por iso se fala de mosaico fluído. estaEsta dinámica das membranas permite reaccións rápidas ante impulsos externos. A barreira enerxética para que as proteínas pasen dunha capa da membrana á outra é elevada (igual que para os glicoípidos). Só as proteínas especializadas na traslocación de substancias poden efectuar un “salto” entre as dúas capas da membrana, para levar a súa carga molecular dun lado a outro da membrana; o mellor exemplo son as [[flipase|flipases]]. A mobilidade das proteínas pode estar restrinxida polos seus enlaces con outras proteína e lípidos ou cancon elementos do citoesqueleto, [[matriz extracelular]] ou outras células.
[[Ficheiro:Frye miguelferig.jpg|thumb|right|500 px|Experimento de hibridación de Frye e Edidin. Pouco despois da hibridación as proteínas están distribuídas homoxeneamente.]]