Mosaico fluído: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 12:
==O modelo precedente: Modelo de Davson e Danielli==
[[Ficheiro:Davson danielli miguelferig.jpg|thumb|right|Modelo de Davson e Danielli anterior ao de mosaico fluído.]]
[[Ficheiro:Singer nicolson miguelferig.jpg|thumb|right|Modelo de Singer e Nicolson.]]
O modelo de Davson e Danielli coas achegas posteriores de Robertson era o máis aceptado ata a década de 1970 na que foi substituído polo de Singer e Nicolson. O modelo de Davson e Danielli e a idea de "unidade de membrana" de J. D. Robertson parecían apoiados polos estudos de microscopía electrónica, na que a membrana parecía ter tres capas. O modelo hipotizaba unha estrutura da membrana en tres capas. As dúas capas externas serían proteicas e monomoleculares, e a interna estaría formada polos lípidos, que á súa vez formarían dous estratos lipídicos, coas colas hidrófobas no interior e as cabezas polares mirando á capa proteica externa. As proteínas cubrirían tamén os poros da membrana, que interromperían esta en diversos puntos. As propiedades da membrana como barreira estarían explicadas polas repulsións electrostáticas exercidas pola capa proteica (idea incorrecta). Este modelo é incompatible cos principios da termodinámica debido a que os grupos apolares dos aminoácidos das proteínas das capas externas estarían expostos á auga, mentres que os apolares estarían en contacto coa auga, o que faría a estrutura moi inestable.