Mosaico fluído: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 31:
Como a maioría das proteínas son de maior tamaño ca o grosor da membrana, sobresaen por un lado da membrana ou polos dous. Igual ca os lípidos, as proteínas tamén poden moverse, pero de forma máis lenta, difundindo lateralmente, de maneira que as membranas biolóxicas presentan unha superficie continuamente cambiante, e por iso se fala de mosaico fluído. esta dinámica das membranas permite reaccións rápidas ante impulsos externos. A barreira enerxética para que as proteínas pasen dunha capa da membrana á outra é elevada (igual que para os glicoípidos). Só as proteínas especializadas na traslocación de substancias poden efectuar un “salto” entre as dúas capas da membrana, para levar a súa carga molecular dun lado a outro da membrana; o mellor exemplo son as [[flipase|flipases]]. A mobilidade das proteínas pode estar restrinxida polos seus enlaces con outras proteína e lípidos ou can elementos do citoesqueleto, [[matriz extracelular]] ou outras células.
 
O movemento de proteínas na membrana e , por tanto, a fluidez da membrana foi demostrada de forma inequívoca por un experimento de Edidin e Frye (1970)<ref name="Frye1970"> L D Frye and M Edidin."The rapid intermixing of cell surface antigens after formation of mouse-human heterokaryons." Journal of Cell Science. (1970) 7. 319-335.</ref>, no cal se hibridou (fusionou) unha célula humana e outra de rato, cada unha coas súas proteínas características, formando unha soa célula. Ao inicio do experimento todas as proteínas humanas estaban do lado onde se situaba a célula humana fusionada, e as de rato no outro lado, pero tan só 40 minutos despois todas as proteínas estaban distribuídas uniformemente na membrana da célula híbrida, o cal quere dicir que se moveron.
[[Ficheiro:Frye miguelferig.jpg|thumb|right|400 px|Experimento de hibridación de Frye e Edidin. Pouco despois da hibridación as proteínas están distribuídas homoxeneamente.]]
 
Hoxe sabemos que esta idea dunha gran fluidez na membrana non se pode aplicar á totalidade da membrana, porque as membranas plasmáticas conteñen diferentes estruturas ou [[dominio]]s menos fluídos, que poden ser clasificados en catro tipos:
* Complexos proteína-proteína de bastante tamaño