Mosaico fluído: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 13:
O modelo de Davson e Danielli coas achegas posteriores de Robertson era o máis aceptado ata a década de 1970 na que foi substituído polo de Singer e Nicolson. O modelo de Davson e Danielli e a idea de "unidade de membrana" de J. D. Robertson parecían apoiados polos estudos de microscopía electrónica, na que a membrana parecía ter tres capas. O modelo hipotizaba unha estrutura da membrana en tres capas. As dúas capas externas serían proteicas e monomoleculares, e a interna estaría formada polos lípidos, que á súa vez formarían dous estratos lipídicos, coas colas hidrófobas no interior e as cabezas polares mirando á capa proteica esterna. As proteínas cubrirían tamén os poros da membrana, que interromperían esta en diversos puntos. As propiedades da membrana como barreira estarían explicadas polas repulsións electrostáticas exercidas pola capa proteica (idea incorrecta). Este modelo é incompatible cos principios da termodinámica debido a que os grupos apolares dos aminoácidos das proteínas das capas externas estarían expostos á auga, mentres que os apolares estarían en contacto coa auga, o que faría a estrutura moi inestable.
 
Os primeiros traballos de microscopía electrónica da membrana foron interpretados como que as capas escuras aos electróns externos eran as capas proteicas, e a capa central clara eran os lípidos, pero despois, os traballos de J. D. Robertson e a súa teoría da "unidade de membrana" suxerían a idea de que todas as membranas estaban formadas por dúas capas lipídicas coas cabezas polares no exterior (bandas escuras) e as partes hidrófobas no centro (banda clara). A fluidez foi establecida posteriormente con experimentos como os de Mueller e Rudin con bicapas lipídicas artificiais e os Frye e Edidin con células híbridas, e , finalmente, co modelo de Singer e Nicolson <ref name="Singer1972"> S J Singer and G L Nicolson."The fluid mosaic model of the structure of cell membranes." Science. (1972) 175. 720-731.</ref>, que explicaba a fluidez, formación de canles, interaccións das proteínas e outras características das membranas.
 
== Modelo do mosaico fluído==