Mosaico fluído: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 32:
O movemento de proteínas na membrana e , por tanto, a fluidez da membrana foi demostrada por un experimento de Edidin e Frye (1970), no cal se hibridou (fusionou) unha célula humana e outra de rato, cada unha coas súas proteínas características, formando unha soa célula. Ao inicio do experimento todas as proteínas humanas estaban do lado onde se situaba a célula humana fusionada, e as de rato no outro lado, pero tan só 40 minutos despois todas as proteínas estaban distribuídas uniformemente na membrana da célula híbrida, o cal quere dicir que se moveron.
 
EstaHoxe sabemos que esta idea dunha gran fluidez na membrana non se pode aplicar á totalidade da membrana, porque as membranas plasmáticas conteñen diferentes estruturas ou [[dominio]]s menos fluídos, que poden ser clasificados en catro tipos:
* Complexos proteína-proteína de bastante tamaño
* As chamadas "[[balsa lipídica|balsas lipídicas]]", que son agrupacións de proteínas e glicoesfingolípidos, que forman dominios na membrana máis empaquetados e unidos ca o resto.