Historia de Glasgow: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
Na '''historia urbana de [[Glasgow]]''', o último vao do [[río Clyde]] antes da súa desembocadura semella ter sido decisivo para que dende tempos prehistóricos se asentasen na área grupos de poboadores que vivían da pesca. Tamén para que, xa en tempos históricos, os [[celtas]] [[bretóns]] de Strathclyde tivesen alí un baluarte defensivo, que, en tempos da ocupación romana de [[Britania]], dese lugar a un asentamento na ladeira norte do río, a salvo de crecidas e a carón do arroio Molendinar (''Molendinar Burn''), que chamaban '''Cathures''' (segundo algúns autores de ''cathair'' ou ''caer'', forte). Na beira oriental do arroio, o outeiro do posterior Fir Park (actual ''Necrópole'', cemiterio vitoriano) seica puido haber acubillado os ritos dos sacerdotes druídas.
 
Cando no ano [[142]] da nosa era os romanos decidiron ampliar as fronteiras da sú ocupación construíron o ''Muro Antonino'' uns cinco quilómetros ao norte de Cathures (que era xa un posto comercial de fronteira) ante os ataques dos [[pictos]] das [[Highlands]] (abandono do muro apenas dúas décadas despois).
Liña 6:
 
==Fundación de San Mungo==
Así en [[543]] San [[Kentingern]] (San Mungo) construíu unha igrexa a carón do ''Molendinar Burn'' (no sitio do cemiterio e da actual catedral), rentes do primitivo Cathures, que deu lugar a unha comunidade monástica (coñecida coma ''Glas-cu'', "amado verde lugar") considerada xermolo da cidade moderna.
 
Porque foi xustamente o bispado xurdido desa comunidade o que deu o pulo definitivo a emerxencia de Glasgow como cidade. Para o [[século XII]] a súa importancia era xa manifesta e unha primeira catedral en pedra veu a substituír os templos previos de madeira ([[1136]] baixo o reinado de [[David I]] de [[Escocia]]). De seguida o bispo Jocelin consigue o título de ''burgh'' con dereitos de expansión e comerciais (1178 e Feira de Glasgow en 1195). En 1285 constrúese a primeira ponte recordada no vao do río.
Liña 23:
No [[século XIX]] Glasgow acada o seu cénit coma metrópole portuaria e industrial. O crecente tráfico de mercadorías coas ex-colonias americanas e os xacementos de carbón e ferro na cercana comarca de Lanarkshire facilitan a creación na área da cidade dun dos focos principais da puxante [[revolución industrial]]. A vila cuadriplica a súa poboación entre 1780 e 1830 e a duplica de novo ata 1875 cando era alcumada "''Segunda cidade do Imperio''" e só [[Londres]] estaba por riba <ref> ''Vista panorámica de Glasgow, 1864: arriba á dereita, a Catedral coa brecha do Molendinar Burn separándoa do outeiro da Necrópole; dende a catedral baixa o eixo medieval High Street-Saltmarket-Briggate (o tramo final diagonal) ata a ponte vella (Old Bridge) no río Clyde; o gran eixo horizontal paralelo ao río é a Trongate (e a súa continuación Argyle Street) dando pé a Merchant City en cuadrícula; George Square sinalada pola Columna de Walter Scott; á esquerda abaixo a inxente actividade do porto no Clyde e a estación do ferrocarril na beira sur mentres á dereita esténdese o Glasgow Green; arriba destacan as altas chemineas das factorías do norte (a carón do Canal do Firth of Forth) e tamén á beira do porto embaixo. Cop. Univ. de Glasgow'' [http://farm3.static.flickr.com/2483/3547694361_1ebde37ea9_o.jpg]</ref>.
 
A mellora das infraestruturas (seguiuse aumentando o calado do Clyde para grandes buques oceánicos, canais de conexión co Firth of Forth no [[Mar do Norte]] e coa comarca mineira, ferrocarrilferrocarrís, terceiro metro do mundo en 1896) contribuíron decisivamente nese crecemento.
 
A ''Merchant City'' desenrolouse nunha malla regular seguindo as ideas racionais do iluminismo escocés exemplificadas na ''New Town'' de [[Edimburgo]] <ref> ''Mapa de Glasgow, 1828'' [http://www.gla.ac.uk/media/media_107241_en.jpg]</ref>. En cuadrícula arredor da George Square (onde erixiuse o novo Concello) e segundo unha mestura de iniciativas privadas e públicas, foi enchéndose de maxestosos edificios xeorxianos e vitorianos. Despois continuou estendéndose cara ao oeste onde novos desenrolos burgueses deron lugar aos ricos barrios do West End (arredor do Parque Kelvingrove). A beira do Clyde polo leste o Glasgow Green convértese no máis vello parque público da urbe (e sede da antiga Feira de Glasgow) <ref> ''Mapa do centro de Glasgow, 1901'' [http://www.nadir.org/nadir/initiativ/agp/resistg8/glasgow.jpg]</ref>.
 
GrandesEnormes continxentes de inmigración irlandesa (tanto protestante como católica) fundamentalmente do [[Ulster]] forneceron da man de obra precisada. Aloxados na coroa metropolitana e na beira sur do Clyde, o medieval arrabalde de Gorbals, onde fanse grandes extensións en retícula <ref> ''Mapa do Glasgow metropolitano, 1901'' [http://farm3.static.flickr.com/2026/3547693505_70151d937f_b.jpg]</ref>.
 
==Século XX==
Ata a [[Primeira Guerra Mundial]] continuou a bonanza. Foi o tempo no que a cultura da cidade acadou outro momento de releve internacional coa chamada "Escola de Glasgow" (movemento artístico relacionado co [[Arts & Crafts]] británico) cuxa máxima figura, o arquitecto [[Charles Rennie Mackintosh|Charles R. Mackintosh]], representa unha das correntes principais do [[Modernismo]] europeo (''Art Nouveau'').
 
Despois comezou un forte declinar polas recesións e crises internacionais, desindustrialización coma consecuencia da competencia doutros países na industria pesada e falla de investimentos. Os conflictos laborais polo gran desemprego, o deterioro urbano dos barrios obreiros convertidos en slums e a despoboación (dende o millón de habitantes nos anos trinta á metade actual) teñen sido a tónica xeral da segunda metade do século pasado.
 
Así e todo nas últimas décadas os esforzos pola recuperación da metrópole son xa visibles: Capital Cultural Europea (1990), centro financeiro no West End, rexeneración das beiras do Clyde, Silicon Glen (industrias de alta tecnoloxía na conurbación das [[Lowlands]]).
 
==Notas==
{{Referencias}}
 
{{en progreso}}
 
[[Categoría:Historia de cidades]]