Diferenzas entre revisións de «Vimara Pérez»

Desfíxose a edición 2016193 de 85.49.11.123 (conversa)
(Desfíxose a edición 2016193 de 85.49.11.123 (conversa))
[[Ficheiro:Vimaraperes.jpg|190px|thumb|right|Estatua de Vimara Peres na ciudade de [[Porto]] creada por [[Salvador Barata Feyo]] en [[1968]]]]
 
'''Vimara Pérez''', '''Vimara Peres''' ou '''Guímara Peres''' († [[A Coruña]], [[873]]) foi un nobre galego, Conde de Coruña e fundador do Condado de Portugal no [[século IX]]. Con importantes posesións no interior da [[Galicia]] actual, dirixe o gran salto repoboador ata a liña do [[Douro]]. Fundou o xermolo dun estado feudal ao redor da cidade de [[Porto, Portugal|Porto]] que reconquistou ou repoboou, segundo as distintas concepcións do avance cristián cara o sur. Atribúeselle tamén a fundación da cidade de [[Guimarães]] (de ''Vimaranis'').
 
Os reis de Oviedo dirixiran a reorganización do territorio no [[Comarca do Baixo Miño|Baixo Miño]] e no [[Bierzo]], pero segundo nos afastamos cara ao sur a influencia da Corte vaise esvaindo e as iniciativas as asume unha nobreza galega ben arraigada e gobernante na Galicia nuclear. Amparándose nunha teórica autorización do rei [[Afonso III o Magno]], fíxose dono dun espazo onde a estrutura de poder islámico era feble e reorganizou o territorio baixo o seu dominio reconstruíndo a autoridade cristiá sobre a cidade de Porto tras reconquistala no ano [[868]].
201.868

edicións