Herdanza: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 25:
 
==Efectos fiscais==
A herdanza como acto xurídico é tamén un feito impoñible. Ao ser unha fonte de ingresos para o herdeiro, a maioría dos estados grávana en maior ou menor medida mediante [[imposto]]s.Cando se tramita unha herdanza hai que ter en conta que existen seis meses desde a data da defunción para liquidar todos os impostos que da herdanza dimanen.
 
Nalgunhas administracións pódese pedir con antelación unha prórroga no pago dos impostos, ante os organismo correspondentes, xustificando sempre a causa do atraso e evitando así sancións.
 
É de vital importancia asesorarse ben sobre o pago dos impostos, xa que ao estar transferidos en España ás comunidades Autónomas, é cada unha delas a que regula o pago das mesmas.
Polo xeral depende a cantidade a liquidar de tres factores principais, último domicilio do causante ou lugar de falecemento, cantidade que conforma a masa hereditaria e o grao de parentesco co causante de cada un dos herdeiros.
No caso das herdanzas con bens en varios países o tratamento fiscal complícase xa que hai que estudar as implicacións en varias lexislacións.
 
Tamén en certas comunidades e segundo o grao de parentesco adoita haber exencións fiscais na súa totalidade no caso da comunidade de Madrid para primeiro grao de consaguinidade ou reducións como na comunidade de Andalucía de ata 175.000 euros da masa hereditaria para primeiro grao de parentesco, ou reducións por domicilio habitual, etc...
 
É importante, non esquecer o imposto sobre o incremento do valor os bens urbanos máis coñecido como [[Plusvalor|plusvalía]], imposto que se líquida en cada un dos concellos nos que o causante tivese unha propiedade urbana, e que dependen do valor catastral e dos anos de tenencia do mesmo.
 
É importante ter sempre en conta o concepto de fiscalidade cando se ten dereito sobre unha herdanza xa que, existe catro anos e seis meses nos que llos poden reclamar e canto máis se tarda en liquidalos maior é a sanción que incrementa os mesmos
 
==Véxase tamén==