Xosé de Nazaret: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.7.1) (Bot: Engado: ml:വിശുദ്ധ യൗസേപ്പ് |
Sen resumo de edición |
||
Liña 16:
O [[Evanxeo de Mateo]] di que era fillo de Xacobe ou Iago, entrementres o [[Evanxeo de Lucas]] denomina ao seu pai Elí. Ámbolos dous evanxelistas dan a entender a extracción humilde de Xosé pero o presentan como membro dunha familia descendente de Davide co fin de anticipar o carácter mesiánico de Xesús <ref> Brown, R.E. ''The Birth of the Messiah. A Commentary on the Infancy Narratives in the Gospels of Mathew and Luke'' (Nova Iorque, 1993)</ref>. Carácter que se reafirma coa procedencia de [[Belén]], a vila do mesmo Rei dos xudeus. Nos primeiros anos do Cristianismo, [[Paulo de Tarso]] reflicte nunha das súas cartas unha fórmula primitiva dun primeiro [[Credo]]: Xesús "naceu da estirpe de Davide por liña carnal" (Rom. 1, 3-3)
Algúns esexetas teñen manifestado o
{{Cita|''En suma, dado que a ascendencia davídica é un factor indispensable, a afirmación de que Xesús era o fillo de Xosé da "casa de Davide" adquire unha importancia notable.
Aínda que
==Oficio==
Liña 25:
O seu oficio era de ''tekton'', palabra grega que designa a un artesán humilde que facía portas, traballaba na construción de casas, reparaba sellas de montar.., e que un dos primeiros autores cristiáns e [[Pais da Igrexa]], [[Xustino Mártir]], identifica co oficio de carpinteiro. O propio Xustino asegura que nos seus días aínda existían aguilladas e arados construídos por Xosé e Xesús<ref>''Dialogus cum Tryphone Juadeos''</ref>.
É posible que, tal como sospeita Schlatter, non existise traballo suficiente en Nazaret para un tekton, polo que sería factible que Xosé se desprazase con Xesús a traballar na helenizada e
==Custodio de María e Xesús==
Xosé estaba desposado (prometido) con María de Nazareth, cando se
Por prescrición gobernativa, Xosé ten que trasladarse con María a censarse en Belén onde non atopan pousada para eles (Lucas 2:1-7) xusto cando a María se lle estaban esgotando os días para o parto. Este terá lugar nun manxadoiro do gando. Como parte do ''kerigma'' do nacemento do salvador para os pobres e marxinados, o mesmo Evanxeo de Lucas describe a estampa da adoración polos pastores (xente marxinal e de escasa reputacion na [[Xudea]] do século I). Xosé acollerá a eses abraiados e imprevistos visitantes. Como ''kerigma'' verbo da chegada dun salvador tamén para os pobos
Ao pouco de nacer, Xosé coa súa muller, como xudeus piadosos, presentan ao seu fillo no [[Templo de Xerusalén]], ficando Xosé abraiado do que alí lle proclama un servidor do Templo (Lucas 2:33).
Liña 36:
Por medo a unha anunciada persecución de [[Herodes]], Xosé colle a súa familia e foxe axiña e apuradamente (de noite) a [[Exipto]] onde vive coma un refuxiado e fuxitivo. Segundo o Evanxeo de Mateo, perpétrase en Belén a "matanza dos inocentes", que buscaba acabar coa vida do seu fillo (Mt. 2, 13-18).
Morto Herodes, e mantendo toda a prevención fronte a o sucesor [[Arquelao]], Xosé establece a súa familia na pequena aldea de Nazareth onde aprende ao seu fillo o seu propio oficio de carpinteiro ou artesán de ferramentas propias dos labores campesiños. As parábolas que máis tarde Xesús relataría reflicten unha vida labrega típica de [[Galilea]]. No Evanxeo de Marcos, os
A derradeira aparición de Xosé no Evanxeo de Lucas é con ocasión do relato da desaparición de Xesús, xa preadolescente, perdido durante tres días cando voltaban con María dunha peregrinación a Xerusalén con ocasión da [[Pascua]]. Segundo as palabras de María, recollidas por Lucas, a busca do neno foi angustiosa: ''¿por qué nos fixestes isto?, teu pai e máis eu andabámoste a buscar anguriados''. Nin Xosé nin María entenderon a resposta de Xesús. (Lc. 2, 41-50).
==A paternidade e descendencia de Xosé==
As igrexas cristiáns, en
[[Ficheiro:San Xosé de Gambino.jpg|thumb|250px|dereita|San Xosé de [[Gambino]] na igrexa da Nosa Señora dos Remedios en Santiago de Compostela]]
Xosé tiña outros catro fillos: Santiago, ([[Santiago o Xusto]]), Xosé, Simón e Xudas, e polo menos dúas fillas, aos que os evanxeos denominan ''adelfós'' (Mt. 13,55 e Mc. 6,3), palabra grega que designa aos irmáns carnais <ref> Meier J. P.:''Un judío marginal. Nueva visión del Jesús histórico. Tomo I: las raíces del problema y de la persona'' Edv.ISBN:978-84-8169</ref>. Os nomes dos seus fillos semellan indicar unha férrea piedade nidiamente xudía impermeable ao proceso de helenización que irradiaría da cidade
{{Cita|''Moi probablemente, xa que logo, o feito de que a familia inmediata de Xesús levase nomes "patriarcais" e "matriarcais" denota a participación da mesma nese espertar da identidade nacional e relixiosa xudía, unha identidade que ollaba ao idílico pasado dos patriarcas en busca de definición''.| [[Jonh P. Meier]].<ref> Meier J. P. ''opus cit'', pax. 221</ref>}}
O Evanxeo de Mateo dí que Xosé non ''coñeceu'' a María ata que esta non deu a luz a Xesús (Mt. 1, 25). O que significa que despois tiveron unha vida conxugal normal, froito da cal serían os irmáns menores de Xesús, o primoxénito<ref>Geza Vermes, El nacimiento de Jesús, opus cit, pax. 109</ref>. As [[protestantismo|igrexas protestantes]] non teñen problemas en aceptar esta proxenie biolóxica de Xosé e María.
Algúns [[evanxeos apócrifos]], como o [[Protoevanxeo de Santiago]] ou a [[Historia de Xosé o carpinteiro]], co fin de salvar a
O evanxeo apócrifo [[O nacemento de María]], describe a elección de Xosé como prometido de María: esta servía dende moi nena no Templo e os sacerdotes decidiron buscarlle un home entre os viuvos de Xudea. Convocaron a estes para que o día convido se achegaran cada un co seu caxato que entregaron a un sacerdote. Cando, tras unha noite de oración, este devolveu os caxatos, do de Xosé agromou unha flor cuxo perfume
O máis plausible é entender, consonte os ''communiter contingentia'', que Xosé tería ao casar uns 25 anos, e María ao redor de 15<ref>Gnilka Joachim, ''opus cit''. pax. 96</ref>.
Santiago, o irmán de Xesús, asumirá a xefatura da Igrexa de Xerusalén ou Igrexa nai. Isto pode reflectir unha mentalidade clánica tipicamente galilea onde, tras o pasamento do líder familiar, o seu irmán subseguinte pasa a ocupar a xefatura tribal. Deste xeito, a estirpe de Xosé pasaría a ser a cabeceira da primeira comunidade cristiá local, moi arraigada nun xudaísmo
Dos outros fillos Simón e Xosé, nada se sabe, pero si da descendencia de Xudas, a quen o emperador [[Domiciano]] fixo comparecer no seu intento por extirpar todo atisbo de movemento revolucionario xudeu. Estes descendentes (bisnetos de Xosé e sobriños netos de Xesús) foron despedidos sen cargos como uns inofensivos aldeás nazarenos<ref>Eusebio de Cesarea, Historia Eclesiástica 3:20, 1-6)</ref>. Xulio o Africano, nunha data tan avanzada como o século III fala de que en Nazareth aínda ficaban habitantes que se dicían familiares do "mestre"<ref>Geza Vermes, ''El Nacimiento de Jesús, opus cit''. pax. 66,</ref>. Isto nun clima hostil contra os cristiáns tanto dentro do xudaísmo como por parte do [[Imperio Romano]].
Liña 60:
Segundo uns antigos calendarios [[copto]]s a data do 20 de xullo estaba adicada a San Xosé. Menoloxios gregos a sitúan nunha data próxima ao [[Nadal]]. Na Idade Media en Occidente figuras carismáticas como [[Bernardo de Claraval]] ou intelectuais como [[Tomás de Aquino]] contribúen a espallar a súa devoción entre o pobo cristián.
O Papa [[Sixto IV]] introduciu no calendario romano a festa de San Xosé o 19 de marzo e [[Gregorio XV]] en [[1621]] declararaa festa de precepto. En [[1847]], [[Pío IX]] proclamou ao patriarca San Xosé patrono de toda a Igrexa. O 1 de maio a Igrexa católica celebra a festa de San Xosé obreiro, recoñecéndoo como
==Personalidade e significación==
A personalidade de Xosé debeu deixar unha fonda pegada na sensibilidade relixiosa e afectiva de Xesús, tal como afirman incluso autores non cristiáns<ref>Klausner, Joseph, ''opus cit'' pax. 295</ref>. Cando este quere expresar a súa íntima unión coa
== Galería de imaxes ==
|