Historia de Glasgow: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Na '''historia urbana de Glasgow''', o último vado do río Clyde antes da súa desembocadura semella ter sido decisivo para que dende tempos prehistóricos asentáranse na ..."
 
Liña 20:
 
==Revolución industrial==
No [[século XIX]] Glasgow acada o seu cénit coma metrópole portuaria e industrial. O crecente tráfico de mercadurías coas ex-colonias americanas e os xacementos de carbón e ferro na cercana comarca de Lanarkshire facilitan a creación na área da cidade dun dos focos principais da puxante [[revolución industrial]]. A vila cuadruplica a súa poboación entre 1780 e 1830 e a duplica de novo ata 1875 cando era alcumada "''Segunda cidade do Imperio''" e somentes [[Londres]] estaba por riba <ref> ''Vista panorámica de Glasgow, 1864; Univ. de Glasgow'' [http://farm3.static.flickr.com/2483/3547694361_1ebde37ea9_o.jpg]</ref>.
 
A mellora das infraestructuras (seguíuse aumentando o calado do Clyde para grandes buques oceánicos, canais de conexión co Firth of Forth no [[Mar do Norte]] e coa comarca mineira, ferrocarril, terceiro metro do mundo en 1896) contribuíron decisivamente nese crecemento.
 
A ''Merchant City'' desenrolóuse nunha malla regular seguindo as ideas racionais do iluminismo escocés exemplificadas na ''New Town'' de [[Edimburgo]]. En cuadrícula arredor da George Square (onde erixíuse o novo Concello) e segundo unha mixtura de iniciativas privadas e públicas, foi enchéndose de maxestuosos edificios xeorxianos e victorianos. Despois continuou extendéndose cara ao oeste onde novos desenrolos burgueses deron lugar aos ricos barrios do West End <ref> ''Mapa de Glasgow, 1828'' [http://www.gla.ac.uk/media/media_107241_en.jpg]</ref>.
 
==Notas==
{{Referencias}}