Fosforilación a nivel de substrato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
A '''fosforilación a nivel de substrato''' é unha reacción química que se pode definir como a produción de ATP (ou doutro nucleótido equivalente) a partir de ADP (ou doutro nucleótido equivalente) combinada a unha transformación encimática dun substrato <ref>Lehninger A. Principios de Bioquímica. Omega. 1988. isbn= 84-282-0738-0</ref>. É frecuente que o substrato estea fosfatado e ceda o seu fosfato ao ADP.
 
Na [[fosforilación oxidativa]] a enerxía necesaria para a fosforilación do ADP procedía do transporte de electróns pola [[cadea de transporte electrónico]] e do gradiente de protóns que se forma. Polo contrario, na fosforilación a nivel de substrato a enerxía necesaria para a fosforilación procede da propia reacción encimática que sofre o substrato orgánico.
 
Un exemplo de fosforilación a nivel de substrato é a conversión de fosfoenolpiruvato en piruvato na última reacción da [[glicólise]], con produción de ATP. O [[encima]] que cataliza a reacción é a piruvato quinase. O fosfato que estaba no fosfoenolpiruvato acaba uníndose ao ADP, formando ATP, mentres que o fosfoenolpiruvato se converte inicialmente en enolpiruvato, pero este a [[pH]] celular case inmediatamente dá cetopiruvato (ou simplemente [[piruvato]], como se adoita a denominar). Esta transformación da forma enol en ceto é moi exergónica, o que impulsa todo o conxunto da reacción á dereita.