Fosforilación a nivel de substrato: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Un exemplo de fosforilación a nivel de substrato é a conversión de fosfoenolpiruvato en piruvato na última reacción da [[glicólise]], con produción de ATP. O [[encima]] que cataliza a reacción é a piruvato quinase. O fosfato que estaba no fosfoenolpiruvato acaba uníndose ao ADP, formando ATP, mentres que o fosfoenolpiruvato se converte inicialmente en enolpiruvato, pero este a [[pH]] celular case inmediatamente dá cetopiruvato (ou simplemente [[piruvato]], como se adoita a denominar). Esta transformación da forma enol en ceto é moi exergónica, o que impulsa todo o conxunto da reacción á dereita.
 
<center>Fosfoenolpiruvato + ADP <big>→</big> piruvato + ATP<center/center>
 
Outro exemplo de reacción na que se produce unha fosforilación a nivel de substrato é a formación de [[succinil-CoA]] a partir de [[succinato]] no [[ciclo de Krebs]], con formación simultánea de GTP. O encima implicado é a succinil-CoA sintetase. Neste caso, o substrato implicado, o succinil-CoA, non ten un fosfato unido, pero é unha molécula que ten un enlace [[tioéster]] moi enerxético entre o [[coencima A|CoA]] e o grupo succinil. A hidrólise do tioéster é unha reacción moi exergónica, que serve para impulsar a unión dun fosfato ao GDP, formando [[GTP]]. Parece que unha etapa intermedia é que o fosfato se una a un residuo de [[histidina]] do encima. Despois o GTP noutra reacción posterior pode orixinar encimaticamente ATP, ao cederlle un fosfato ao ADP.
 
<center>Succinil-S-CoA + GDP <big>→</big> succinato + GTP<center/center>
<center>GTP + ADP <big>→</big> GDP + ATP<center/center>
 
[[Ficheiro:fosforil krebs miguelferig.jpg|center|500 px]]