Respiración anaerobia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
A '''respiración anaeróbica''' é un proceso de oxidación-redución de nutrientes para a obtención de enerxía na que o aceptor final de electróns é unha substancia distinta do osíxeno, xeralmente inorgánica, que é característico esencialmente dunhas poucas especies de bacterias. Como en toda respiración, o aceptor final de electróns é externo e require xeralmente o funcionamento dunha [[cadea de transporte electrónico]] similar á de [[respiración aerobia]].<ref name="Bro">Madigan, M. T, Martinko, J. M. & Parker, J. 2003. ''Brock Biología de los Microorganismos'', 10ª edición. Ed. Prentice-Hall, Madrid. ISBN 978-84-205-3679-8</ref>.
 
Na respiración anaeróbica non se utiliza osíxeno. Como aceptor final de electróns utilízase outra substancia, xeralmente inorgánica, como o nitrato, sulfato, dióxido de carbono, Fe<sup>3+</sup>, xofre, etc. En casos máis raros o aceptor final de electróns pode ser orgánico ([[fumarato]], [[óxido de trimetilamina]]). As bacterias que realizan a respiración anaeróbica son en moitos casos anaerobias estritas, pero tamén hai especies que poden vivir con ou sen osíxeno, cambiando de metabolismo segundo as condicións (por exemplo, as bacterias nitrificantes poden facer tanto a respiración aerobia coma a anaerobia, e todo depende de se dispoñen de osíxeno ou non).
 
Na respiración anaeróbica intervén en xeral unha cadea de transporte electrónico similar á da mitocondria, con citocromos, quinonas e proteínas de ferro-xofre na que teñen lugar procesos redox. Nesta cadea realízase a reoxidación dos coencimas reducidos producidos durante a oxidación dos nutrientes. Pero na respiración aeróbica ao final da cadea estaba o osíxeno, que recollía os electróns (e transformábase en auga), e, polo contrario, na respiración anaeróbica ao final da cadea está ese outro aceptor que non é o osíxeno, por exemplo o nitrato (que ao recoller o electrón se transformaría en nitrito).
Liña 11:
 
==Comparación coa fermentación==
Xa se comentaron as diferenzas entre a respiración aeróbica e a anaeróbica. É tamén importante non confundir a respiración anaeróbica coa fermentación, xa que son procesos que non teñen absolutamente nada que ver. O único que teñen en común é que ambos os dous non dependen do osíxeno, pero polo demais son moi distintos. Nas fermentacións non funciona ningunha cadea de transporte electrónico, e oxídanse substratos orgánicos utilizando un aceptor final tamén orgánico (un coencima xeralmente), que non procede do exterior, e o ATP prodúcese por [[fosforilación a nivel de substrato|fosforilacións a nivel de substrato]], xa que non funciona ningunha [[ATP sintase]]. Na respiración aeróbica o aceptor de electróns é externo (tomado do medio) e é distinto do osíxeno.
 
==Tipos de respiración anaerobia==