Tratado de Alcáçovas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m ligazón
Sen resumo de edición
Liña 7:
Ademais de formalizar a fin das hostilidades (polo que [[Xoana a Beltranexa]], e seu tio e marido Afonso V de Portugal, desistian para sempre das súas pretensións ao trono de Castela), o Tratado contiña outras cláusulas en relación á política de proxección externa de ambos os países, nun momento en que os dous reinos competian polo dominio do [[Océano Atlántico]] e as terras ata entón descubertas na costa africana.
 
Por estas cláusulas, Portugal obtiña o recoñecemento do seu dominio sobre a [[Arquipélago de Madeira|illa da Madeira]], o arquipélago dos [[Azores]], de [[Cabo Verde]] e da costa da Guinea, mentres que Castela recibia as [[illas Canarias]]. Renuncia a navegar ao sur do cabo Bojador, ou sexa, do paralelo 27 no que se atoparon as propias illas. Regulamentaba tamén as áreas de influencia e de expansión de ambas as coroas polo [[Reino Oatácida de [[Fez]], no [[Norte de África]].
 
O Tratado foi o primeiro do xénero, que regulamentaba a posesión de terras non descubertas. Reflectía os desexos de Portugal, interesado en garantir dereitos sobre a costa da mina e do Golfo da Guinea, e continuar a súa exploración da costa africana, en que por esa vía esperaba a pasaxe para a [[India]].