Ácido oxalacético: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 24:
'''Lanzadeira do acetilo'''. Na síntese de lípidos é necesario [[acetil-CoA]], pero case todo el está na mitocondria e non pode atravesar as membranas mitocondriais. Existe un sistema de [[lanzadeira do grupo acetilo]] na que intervén o malato<ref name="Lehninger"/>, que permite levar o acetil-CoA das mitocondrias ao citosol. O oxalacetato condénsase co acetil-CoA formando citrato. O citrato sae da mitocondria polo transportador dos tricarboxilatos, e no citosol convértese outra vez en oxalacetato e acetil-CoA. Despois o axalacetato convértese en malato, o malato pasa á mitocondria polo transportador de dicarboxilatos e alí rexenera o oxalacetato, pechando o ciclo.
 
'''Oxidación de aminoácidos'''. Durante a oxidación dos aminoácidos [[asparaxina]] e [[ácido aspártico]] orixínase oxalacetato. A asparaxina convértese en aspartato, e este sofre unha transaminación co α-cetoglutarato, que orixina oxalacetato e [[glutamato]]. Deste modo os aminoácidos poden contribuír cos seus esqueletos carbonados á produción de enerxía, xa que o oxalacetato pode incorporarse ao ciclo do ácido cítrico e orixinar ATP ou pode tamén entrar na gliconeoxénese, polo que a asparaxina e o aspartato son aminoácidos glicoxénicos<ref name="Lehninger"/>.
 
'''Fotosíntese'''. As plantas tropicais ou de climas secos que teñen fotosíntese C<sub>4</sub> utilizan o oxalacetato para almacenar potencialmente CO<sub>2</sub>. O [[dióxido de carbono|CO<sub>2</sub>]] do aire fíxase inicialmente ao [[fosfoenolpiruvato]], en reacción catalizada pola [[fosfoenolpiruvato carboxilase]], formando oxalacetato. Como o primeiro produto estable da fixación do carbono nestas plantas é un ácido de 4 carbonos (o oxalacetato), esta fotosíntese denomínase C<sub>4</sub>. despois o oxalacetato redúcese a malato, e este dá lugar a piruvato e CO<sub>2</sub>, polo que este gas xa pode entrar no [[ciclo de Calvin]] da fotosíntese. Almacenando desta maneira o oxalacetato, a célula sempre tan unha concentración alta de [[dióxido de carbono|CO<sub>2</sub>]] nas súas células fotosintéticas. Esta vía de fixación do CO<sub>2</sub> chámase [[vía de Hatch-Slack]].<ref name="Lehninger"/>.