Paleoantropoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ZéroBot (conversa | contribucións)
m arranxiños
Liña 1:
[[Ficheiro:Neanderthal child.jpg|thumb|right|250px| Cativa neandertal reconstruída: un exemplo de paleoantropoloxía feita co auxilio de gráficos por computadora. A imaxen é unha cortesia do [http://www.ifi.unizh.ch/staff/zolli/CAP/Main_face.htm Instituto Antropolóxico da Universidade de Zurich].]]
A '''paleoantropoloxía''' (do [[Idioma grego|grego]], παλαιός, ''paleos'', "antigo"; άνθρωπος, ''anthropos'', "ser humano"; e λογος, ''logos'', "coñecemento") é a rama da [[antropoloxía biolóxica]] que se ocupa do estudo da [[evolución humana]] e os seus antepasados [[fósil]]es, noutras palabras dos [[homínidoshomínido]]s antigos. Ás veces, tamén pode ser coñecida como ''paleontoloxía humana''.
 
Esta [[ciencia]] traballa principalmente con fósiles que se rastrexan ata varios millóns de anos, polo que está estreitamente vinculada tamén á [[paleontoloxía]], a [[xeoloxía]], a [[paleoecoloxía]], a [[bioloxía]], a [[xenética]] e a [[primatoloxía]]. A paleoantropoloxía busca analizar e interpretar os datos do pasado humano co obxectivo de explicar o xurdimento do home e os seus sucesivos cambios que se produciron a través do tempo.
Liña 11:
 
== Comezos ==
O comezo da paleoantropoloxía está unido ao da historia do [[Home de Neandertal]], cando en agosto de [[1856]] foi descuberto o espécime que logo sería coñecido como Neanderthal 1. O lugar foi a cova [[Feldhofer]] no val do río [[val de Neander|Neander]], en [[Alemaña]]. Foi bautizado como Home de Neanderthal porque así se di "val do Neander" en [[Idioma alemán|alemán]].
 
Os restos óseos foron atopados nunha canteira próxima á cidade de [[Düsseldorf]]. Eses ósos fósiles eran un [[cranio|casquete cranial]], dous [[fémur]]es, os tres ósos do brazo dereito, dous do brazo esquerdo, parte do óso [[ilíaco]] esquerdo, e fragmentos da [[escápula]] e [[costela]]s. Atopados polos traballadores da canteira, foron deixados ao carón para que os vise un profesor local, naturalista amateur, chamado [[Johann KarlCarl Fuhlrott]]. El sospeitou enseguida que eses ósos representaban pezas importantes do pasado da humanidade, aínda que non prevía que serían os primeiros restos de homínidos nun estado evolutivo anterior. O libro ''[[A orixe das especies]]'', de [[Charles Darwin]] non fora publicado aínda, sairía en [[1859]].
 
Fuhlrott enviou unha descrición do material ao anatomista [[Hermann Schaaffhausen]] e o descubrimento foi anunciado conxuntamente en [[1857]]. Así comezou o estudo dos homínidos fósiles e os seus antepasados. Logo viría a procura sen fin da pantasma do [[elo perdido]].