Acoirazado Bismarck: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 49:
O ''Bismarck'' tomou parte nunha única operación durante a súa breve carreira. Xunto co cruceiro pesado ''[[Cruceiro Prinz Eugen|Prinz Eugen]]'' deixou Gotenhafen ([[Gdynia]]) na mañá do [[17 de maio]] de [[1941]] para a [[Operación Rheinübung]], durante a cal intentou interceptar e destruir os convois en transito entre Norteamérica e o [[Reino Unido]]. Cando o ''Bismarck'' e o ''Prinz Eugen'' intentaron entrar no [[Atlántico]] foron descubertos pola [[Royal Navy]] e producíuse a [[batalla do Estreito de Dinamarca]]. Durante o curto encontro, o cruceiro de batalla ''[[HMS Hood]]'', buque insignia da [[Home Fleet]] e orgullo da [[Royal Navy]], foi afundido despois de varios minutos de disparos. En resposta, o primeiro ministro británico [[Winston Churchill]] deu a orde "Afundir o Bismarck!", estimulando a súa busca incesante por parte da Royal Navy.
 
Dous días despois, co ''Bismarck'' case ao alcance de augas máis seguras, biplanos [[Fairey Swordfish|Swordfish]] da [[Fleet Air Arm]] lanzados dende o portaavións ''[[HMS Ark Royal]]'' torpedearon o barco e danaron o seu timón, permitindolle ás unidades pesadas británicas alcanzalo. Na batalla producidaacaecida na mañá do [[27 de maio]] de [[1941]], o ''Bismarck'' foi fortemente atacado durante dúas horas antes de afundirse. A súa destrución apareceu nas portadas dos xornais de todo o mundo.
 
== Fabricación e entrada en servizo ==