Cera: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ampliando a imaxe un chisco
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Beeswax.jpg|thumb|Cera de abellas.]]
As '''ceras''' son ésteres dos [[ácido graxo|ácidos graxos]] con [[alcohol|alcohois]] de peso molecular elevado, é dicir, son moléculas que se obteñen por [[éster|esterificación]] dun ácido graxo cun alcohol monovalente lineal de cadea longa. Por exemplo a cera de [[abella]]. Son substancias altamente insolubles en medios acuosos e a temperatura ambiente preséntanse sólidas e duras. Nos animais podémolas encontrar na superficie do corpo, pel, plumas. En vexetais, as ceras recobren a [[epiderme]] de foritos, talos, xunto coa cutícula ou a suberina, que evitan a perda de [[auga]] por [[evaporación]] nas plantas.
[[Ficheiro:cera miguelferig.jpg|thumb|center|400px|Esquema xeral da formación dunha cera. A cera palmitato de miricilo da cera de abella está formada pola esterificación do ácido palmítico co alcohol miricílico.]]
== Rol biolóxico das Ceras ==
* '''Protección''': debido ó seu carácter altamente [[hidrófobo]], repelen a auga, e a nivel orgánico recobren certos tecidos dándolles consistencia e protección fronte á acción exterior, como lubricantes ou impermeabilizantes en pel, pelo e plumas de animais (lanolina, secreción sebácea, cerume do conduto auditivo); en follas e foritos de plantas. (cutina)