Gaiferos de Salerno: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 10:
No [[861]] a situación precipitouse e Gaiferos púxose á fronte dunha revolta contra Ademaro. O soberano foi mandado á cadea, torturado e cegado, mentres Gaiferos era proclamado príncipe. Para reforzar a propia posición, mandou ao exilio un sobriño seu, tamén un representante dos Dauféridas, para se liberar de todos os rivais ou pretendentes ao trono. O ascenso de Gaiferos foi vista como unha rebelión en toda regra polo emperador Luís II, o cae, afortunadamente para Gaiferos, estaba ocupado noutros asuntos.
 
Ao principio do seu reinado, os impulsos independentistas de Capua non se calmaran aínda. Ao contrario, estas acentuáronse baixo a guía d odo conde [[Landulfo II de Capua|Landulfo II]], que intentou liberar o seu dominio do poder salernitano. Pero Gaiferos deu contido a inminente rotura retendo ben firmemente o feudo de Capua dentro dos territorios do Principado.
Precisamente para reforzar as relacións co vasalo rebelde, Gaiferos casou con Landelaica, filla de [[Lando I de Capua]], da que tivo un fillo, o futuro príncipe [[Guaimaro I de Salerno|Guaimaro]].