Diferenzas entre revisións de «Josep Lluís Sert»

arranxo
(arranxos)
(arranxo)
Cofundador do [[GATCPAC]] (Grup d'Arquitectes i Tècnics Catalans per al Progrés de l'Arquitectura Contemporània), no ano [[1941]], emigrou para os [[Estados Unidos]], onde creou, xunto outros arquitectos o ''Town Planning Associates'' (Asociación de Planificación Urbana), obradoiro de arquitectura que proxectou diversos planos urbanísticos, entre os cales, un plano piloto para a cidade da [[Habana]], [[Cuba]].
 
Profesor de Arquitectura na [[Universidade de Yale]], no ano [[1953]] foi nomeado decano da Escola de Deseño da [[Universidade Harvard]], cargo que exercería até fins do ano [[1969]]. En [[1955]] abriu un novo despacho de arquitectura con diversos socios, que realizou numerosos proxectos nos Estados Unidos, tanto de tipo comercial, como residencial, institucional e incluso para oficinas. No entorno da Universidade de Harvard deseñou diversos edificios que forman parte das súas obras máis representativas e nas que se reflicte a atmosfera mediterránea, que Sert conservou nos seus deseños ao longo da súa vida profesional.
 
==Obras representativas==
897

edicións