Enlace peptídico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 41:
==Isómeros cis e trans no enlace peptídico==
O carácter planar do enlace peptídico fai que poidan existir isómeros cis e trans. Nas proteínas despregadas, os grupos peptídicos son libres de isomerizarse e adoptar a forma cis ou a trans; porén, cando a proteína está pregada tridimensionalmente, só un dos isómeros é posible en cada posición (con raras excepcións). A forma trans é abrumadoramente preferida na maioría dos enlaces peptídicos (nunha proporción trans:cis: de 1000:1). Porén, as cousas cambian cando intervén a [[prolina]] en grupos peptídicos X-Pro, que tenden a presentar unha proporción de só 3:1 a favor do trans, seguramente porque a simetría entre os átomos <math>\mathrm{C^{\alpha}}</math> e <math>\mathrm{C^{\delta}}</math> da [[prolina]] fai que os isómeros cis e trans teñan unha enerxía case igual.
[[Ficheiro:Peptide bond cis trans miguelferig.jpg|thumb|center|500 px|Enlace peptídico con prolina. Enlace '''cis''' á esquerda, e enlace '''trans''' á dereita.]]
 
==Reaccións químicas==