Dodecafonismo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
arranxiños
Piquito (conversa | contribucións)
Liña 15:
 
==Principios compositivos==
Fronte á harmonía clásica tradicional, na cal unha composición ten un centro tonal, unha nota prefixada (a tonalidade na que está escrita) que fai de centro, e respecto á cal as demáis notas da escala cumpren determinadas relacións harmónicas (estás relacións determínanse, dende o punto de vista físico, por relacións aritméticas sinxelas entre as frecuencias de vibración desas notas). Segundo este sistema, a base de toda composición é unha serie que consta de doce sons ou clases de notas da oitava, dispostos en calquera orde e sen ningún tipo de relación xerárquica. As notas da serie poden empregarse de xeito sucesivo a modo de melodía, ou simultaneamente como harmonía ou contrapunto, en calquera oitava e con calquera tipo de ritmo. Outra característica fundamental deste sistema compositivo é o compositor debe esgotar as notas da serie antes de comezar outra vez a serie en calquera das súas formas, que serían as seguintes:
* P: Sería a serie orixinal, constrúese a serie ordenando libremente cada unha das notas da [[escala cromática]]:
[[Ficheiro:Example tone row.png|400px]]