Ácido glutámico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Glutaminsäure - Glutamic acid.svg|thumb|right|Estrutura química do ácido glutámico.]]
[[Ficheiro:Glu miguelferig.jpg|thumb|right|Fórmula do ácido glutámico ionizado.]]
O '''ácido glutámico''' (abreviadamente '''Glu''' ou '''E''') é un α-[[aminoácido]] que forma parte das proteínas, polo que é un [[aminoácido proteinoxénico]]. A súa cadea lateral é CH<sub>2-</sub>CH<sub>2</sub>-COOH, polo que leva un grupo [[carboxilo]] e ten carácter ácido. O grupo -COOH da súa cadea lateral ten un pKa de 4,1, polo que está desprotonado e cargado negativamente a pH fisiolóxico (entre 7,35 e 7,45). Cando está en forma de [[anión carboxilato]] (-COO<sup>-</sup>) ou de [[sal]]es recibe o nome de '''glutamato'''. O ácido glutámico tamén se chama ácido 2-aminopentanodioico.
Os seus [[codón]]s son GAA e GAG. Non é un [[aminoácido esencial]], polo que non hai que consumilo na dieta. No [[sistema nervioso]] o glutamato funciona como un importante [[neurotransmisor]], que intervén na chamada [[potenciación a longo prazo]] e é importante para os procesos da [[aprendizaxe]] e [[memoria]].<ref name=twsNovK11>{{cite news