Mariano Abalo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Funcionario do Servizo de Correos, foi concelleiro en Cangas, deputado provincial en [[Deputación de Pontevedra|Pontevedra]] e Presidente da Xestora Municipal de Cangas. Foi Secretario Xeral da [[Unión do Pobo Galego]] (1983) e do [[Partido Comunista de Liberación Nacional]] (1986) até que en 1988 as forzas da esquerda independentista galega confluíron na [[Frente Popular Galega]] (FPG), da que se converteu no seu Portavoz Nacional dende aquela até hoxe. Encabezou a lista da [[Alternativa Canguesa de Esquerdas]] nas municipais do ano 2007 e 2011 acadando, en ambas as dúas o posto de concelleiro.
 
Foi Secretario Xeral da [[Unión do Pobo Galego]] (1983) até que dimitiu do seu posto cando en [[1986]] a [[UPG]] acepta a participación do [[BNG]] no [[Parlamento Galego]]. Xunto con 13 membros do seu Comité Central, liderados por [[Mariano Abalo]], secretario xeral, e [[Xan Carballo]], secretario xeral da [[INTG]], deixan o partido, constituíndo o ''Colectivo Comunista 22 de marzo'', que o [[25 de xullo]] de [[1986]] transfórmase no [[Partido Comunista de Liberación Nacional]]. A III Asemblea Nacional do BNG expulsa ao [[PCLN]] porque pedían o voto para [[HB]] nas eleccións europeas.
 
En [[1987]] o [[PCLN]] e [[Galiza Ceive-OLN]] xunto con outras organizacións menores de carácter local como os Colectivos Nacionalistas de Trasancos e Vigo, Grupos Independentistas Galegos de Compostela e o colectivo Iskeiro de [[Ferrol]] forman a FPG que celebrou a súa asemblea constituínte en xuño de [[1988]]. A súa presentación pública da Fronte prodúcese o 10 de marzo de 1988, da que se converteu no seu Portavoz Nacional dende aquela até hoxe.
 
Encabezou a lista da [[Alternativa Canguesa de Esquerdas]] nas municipais do ano 2007 e 2011 acadando, en ambas as dúas o posto de concelleiro.
 
No pacto de goberno do ano 2007 da [[Alternativa Canguesa de Esquerdas]] co [[BNG]] e [[PSOE]] desempeñaría o cargo de Concelleiro de Urbanismo, condición para asinar o pacto, polo interese da [[FPG]] na loita contra o [[porto deportivo de Massó]].
 
A ruptura do pacto en 2009 colocouno na oposición no concello de [[Cangas]], posto que segue a ocupar tras acceder como edil nas eleccións 2011.
 
==Véxase tamén==