Diferenzas entre revisións de «Alquimia»

m
sen resumo de edición
(Incluín categoría "Protociencia")
mSem resumo de edição
A '''alquimia''' é unha antiga práctica protocientífica e filosófica que combina elementos da [[química]], a [[metalurxia]], a [[física]], a [[medicina]], a [[astroloxía]], a [[semiótica]], o [[misticismo]], o [[espiritualismo]] e a [[arte]]. A alquimia practicouse no Antigo Exipto, a [[India]], a [[China]], a [[Grecia Antiga]] e o [[Imperio Romano]], no Imperio Islámico, e despois en [[Europa]] ata o [[século XIX]], nunha complexa rede de escolas e sistemas filosóficos que abrangue polo menos 2.500 anos.
 
== Historia e características ==
A alquimia occidental estivo sempre estreitamente relacionada co hermetismo, un sistema filosófico e espiritual que ten as súas raíces en Hermes Trimexisto, unha deidade sincrética grecoexipcia e lendario alquimista. Estas dúas disciplinas influenciaron o nacemento do rosacrucismo, un importante movemento esotérico do século XVII. No século XIX, mentres a alquimia dominante evolucionaba na moderna química, os seus aspectos místicos e herméticos convertéronse no centro de interese dunha moderna alquimia espiritual, na que as manipulacións materiais eran consideradas meros símbolos de transformacións espirituais.
 
Os alquimistas non seguían o que hoxe se coñece como método científico e gran parte do «coñecemento» que produciron foi posteriormente achado banal, limitado, erróneo ou sen sentido. Actualmente, a disciplina é de interese principalmente para os historiadores da ciencia e a filosofía, así como polos seus aspectos místicos, esotéricos e artísticos. No entanto, a alquimia foi unha das principais precursoras das ciencias modernas, e debemos aos antigos alquimistas o descubrimento de moitas sustancias e procesos que son alicerces fundamentais das actuais industrias química e metalúrxica.
 
 
Existían tres obxectivos principais na súa prática. Un deles era a transmutación dos metais inferiores en ouro, o outro a obtención do Elixir da Longa Vida, unha panacea universal, un remedio que curaria todas as doenças e daría vida eterna a aqueles que o inxerisen, estes obxectivos poderían ser atinxidos ao obter a pedra filosofal, unha substancia mítica. Finalmente, o terceiro obxectivo era criar vida humana artificial, o homunculus.
 
== Véxase tamén ==
{{Commons|Alchemy}}
 
{{Link FA|es}}
 
{{Link FA|pt}}
 
{{Link FA|it}}
 
{{Link FA|he}}
{{Link FA|tl}}
 
 
[[Categoría:Maxia e ocultismo]]
[[Categoría:Protociencia]]
{{Link FA|tl}}
 
[[af:Alchemie]]
44.868

edicións