Substratos do galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Desfixéronse as edicións de 77.209.52.88 (conversa); cambiado á última versión feita por DerHexer
Liña 1:
O gran descoñecemento das [[lingua]]s que se falaban antes da chegada do [[latín]] á [[Gallaecia]] obriga a que tódalas afirmacións que se fagan sexan sempre simples hipóteses. Debido a isto, o principal método para analizar a orixe do léxico no galego é a comparación co léxico análogo noutros territorios e polo tanto hai moitas combinacións de distribución. De tódolos xeitos, Acéptase xeralmente que a maioría das [[léxico|unidades léxicas]] anteriores ós romanos conservadas son [[substantivo]]s, sen menoscabo de que tamén haxa [[adxectivo]]s ou [[verbo]]s.
 
=Preindoeuropeos=
 
Durante a [[Idade de Pedra]] ata aproximadamente o ano [[-3000|3000]] antes de Cristo chegaron ás nosas terras compoñentes non [[indoeuropeo]]s, traídos tanto polos propios pobos que falaban esas linguas coma mediante [[empréstimo]]s a través de falantes doutras linguas ou mesmo polos propios romanos. Dentro deste continxente distínguense dous grupos: elementos preindoeuropeos compartidos coas zonas [[éuscaro|vascófonas]] fronte ás reliquias que non teñen un paralelismo coñecido no euskera.
 
== Comúns ó éuscaro==
 
A grande maioría de voces non indoeuropeas relacionadas co léxico vasco están pouco ou nada estendidas por territorios de actual fala catalana. Entre todo o repertorio léxico deste tipo hispanovasco cómpre distinguir tres tipos: