Substratos do galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Savh (conversa | contribucións)
m Desfixéronse as edicións de 77.209.52.88 (conversa); cambiado á última versión feita por BanjoBot
Liña 4:
Durante a [[Idade de Pedra]] ata aproximadamente o ano [[-3000|3000]] antes de Cristo chegaron ás nosas terras compoñentes non [[indoeuropeo]]s, traídos tanto polos propios pobos que falaban esas linguas coma mediante [[empréstimo]]s a través de falantes doutras linguas ou mesmo polos propios romanos. Dentro deste continxente distínguense dous grupos: elementos preindoeuropeos compartidos coas zonas [[éuscaro|vascófonas]] fronte ás reliquias que non teñen un paralelismo coñecido no euskera.
 
== Comúns ó éuscaro==
A grande maioría de voces non indoeuropeas relacionadas co léxico vasco están pouco ou nada estendidas por territorios de actual fala catalana. Entre todo o repertorio léxico deste tipo hispanovasco cómpre distinguir tres tipos:
 
* Unha compoñente euroafricana ou mediterránea, espallada por [[Hispania]], [[Galia]], [[Italia]] e o norte africano datable no [[Paleolítico Superior]] (35.000 a. de C. - 8.000 a. de C.), relacionando o [[íbero]] co [[lingua mauritana antiga|mauritano]] (unha lingua [[berber|prebérber]] norteafricana) e causada pola relación transmediterránea. Nesta camada poderíanse considerar voces coma ''cosco, mata, queiroga'' e voces con ''carr-'' (''carqueixa, carrasco, carrapucho, carroucho'') segundo Hubschmid e ''balsa, caram(b)elo, meda'' e voces con ''barr-'' (Bar de Riba, en [[Santiago de Compostela]]) para Rivas Quintas.
* Unha compoñente hispanocaucásica, distribuída por Europa [[meridional]] dende o Atlántico ó [[Cáucaso]] e incluíndo Bulgaria e algunhas falas caucásicas e italianas. Probablemente chegadas por [[mar]], deben de estar emparentadas co protobasco e algunhas das palabras que quedan son ''coto'' (de moito rendemento toponímico dende [[Cantabria]] ó norte de [[Portugal]], mesmo moito tempo despois de desapareceren os seus falantes), ''morodo'' (e variantes con ''mor-'') e ''sobaco'', e para Rivas Quintas ''arando, argana, canto, charrúa, fatica, lesta'' e ''zamarra''.
* Un subgrupo con voces de distribución mediterránea moi desigual e, polo tanto, de orixe menos identificable. Para simplificar a exposición pódese facer unha táboa por zonas:
 
{| border="1"