Diferenzas entre revisións de «Frédéric Mistral»

lig int
m (r2.7.1) (bot Engadido: qu:Frederic Mistral)
(lig int)
 
 
Logo de acabar o bacharelato en [[Nîmes]], estuda Dereito en [[Aix-en-Provence]] entre [[1848]] e [[1851]], facéndose entón o cantor da independencia da Provenza e ante todo do [[provenzal]] « pimeira lingua literaria da Europa civilizada ». No transcurso dos estudos de Dereito contacta coa historia do seu país, antigo Estado independente. Emancipado polo seu pai, toma daquela o acordo : « ''de erguer, de reavivar en Provenza o sentimento de raza (...) ; de promover este renacemento a prol da restauración da lingua natural e histórica do país (...) ; de pór de moda o provenzal polo alento e o lume da divina poesía'' ». Para Mistral, a palabra ''raza'' designa un « ''pobo unido pola lingua, enraizado nun país e nunha historia'' ».
 
Mistral recibe o [[Premio Nobel de Literatura]] en [[1904]] conxuntamente con [[José Echegaray y Eizaguirre|José Echegaray]]. Destinará o montante do premio a creación do [[Museon Arlaten]] en [[Arles]]. Recibe o galardón:
''"En recoñecemento da frescura, orixinalidade e autenticidade da súa produción literaria, fiel reflexo das paisaxes naturais e o espírito popular da súa nación; e, ademais, polo seu significativo labor como filólogo provenzal".''