El Puerto de Santa María: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
EmausBot (conversa | contribucións)
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
==Xeografía==
Sitúase sobre a ribeira e desembocadura do [[río Guadalete]]. A poboación do concello no ano [[2006]] era de 83.101 habitantes. A súa extensión é de 159 km² e ten unha densidade poboacional de 522,6 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 36º 36' N, 6º 13' OuO. Atópase situada a unha altitude de 6 m e a 21 km da capital de provincia, [[Cádiz]].
 
El Puerto de Santa María sitúase na costa gaditana, no interior da [[baía de Cádiz]], e ao sur da [[Sierra de San Cristóbal]]; veciño aos municipios de [[Sanlúcar de Barrameda]] (estrada A-2002), [[Jerez de la Frontera]], [[Rota, España|Rota]], [[Puerto Real]], e [[Cádiz]] por medio da baía. Conta cuns 22 km de costa. El Puerto de Santa María caracterízase polo seu atractivo turístico principal, a praia, e conta cuns 16 km de areal, todos de area fina, e con máis de 3.200 horas de sol ao ano. Dos areais son importantes: Fuenterrabía, Santa Catalina (Los Curas, Las Redes, Vistahermosa-El Buceador), Valdelagrana, La Puntilla-La Colorá), La Calita, El Aculadero, a de Levante (onde está unha área [[naturismo|naturista]]) e La Muralla. Unha extensión importante do solo do termo municipal pertence ao [[Parque Natural Baía de Cádiz]].
 
 
{{Concellos de Cádiz}}
[[Categoría:Concellos de Cádiz]]