Sidra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: bg:Сайдер
Servando2 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
[[Ficheiro:Sidra.jpg|thumb|Escanciado de sidra dende a pipa]]
[[Ficheiro:Cider-strongbow.jpg|thumb|Pinta de sidra inglesa [[Strongbow]]]]
A '''sidra''' é unha bebida alcohólica de baixa gradación (menos de 3º no caso da bretoa ''Cidre Doux'', unha sidra doce, ata un máximo de 8º) fabricada co [[zume]] levedado da [[mazá]].
 
Trátase dunha bebida moi espallada por todo o mundo, así en Europa tópase en numerosos países : [[Alemaña]], [[Bretaña]], [[Portugal]] ([[Madeira]]), España ([[Asturias]], [[Cantabria]] e [[País Vasco]]), [[Italia]] ([[Piemonte]]), [[Irlanda]], [[Escocia]] e [[Inglaterra]]. En América, atópase en zonas de distintos países, probablemente debido á influencia da inmigración española do século pasado: por exemplo en [[México]] prodúcese nas cidades de [[Huejotzingo]] e [[Zacatlán]], no estado de Pobra[[Puebla]]. Na [[Arxentina]] a sidra localízase sobre todo nas provincias de Rio Negro, San Juan e Santa Fe. En [[Estados Unidos]] prodúcese principalmente en [[Nova Inglaterra]] e o estado de Nova York.
 
Pola súa singularidade hai que diferenciar a sidra natural da sidra espumosa. En xeral, mentres que en Galiza e no norte de España consúmese maioritariamente a sidra natural, no resto o mundo áfaise a consumir a sidra espumosa (que asemella máis ao champagne ou á cervexa).