Xene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 11:
== Tipos de xenes ==
[[Ficheiro:Gene.png|thumb|210px|Este diagrama esquemático mostra un xene en relación á súa estrutura física (dobre hélice de ADN) e a un cromosoma (dereita).]]
A maioría dos xenes codifican [[proteína]]s, responsables da maior parte das propiedades dun organismo. Para o mesmo, a [[transcrición (ARN)|transcrición]] xera unha molécula de ARN que posteriormente sufrirá [[tradución (proteínas)|tradución]] nos [[ribosoma]]s, proceso polo cal se xera unha proteína. Moitos xenes se atopan constituídos por rexións codificantes ([[exón]]s) interrompidas por rexións non codificantes ([[intrón]]s) que son eliminadas no procesamento do ARN. En células procariontes isto non ocurre. A secuencia de bases presente no ARN determina a secuencia de [[aminoácido]]s da proteína por medio do [[código xenético]].
 
Outros xenes non son traducidos a proteína, senón que cumpren a súa función en forma de ARN. Entre estes, atopamos xenes de ARN transferente, [[ARN ribosómico]], [[ribocima|ribozima]]s e outros ARN pequenos de funcións diversas.