Xene: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 21:
* [[Gregor Mendel]] nos seus experimentos propuxo a idea orixinal do xene, aínda que el non nos denominou xenes, senón '''factores''', e virían a ser os responsables da transmisión dos carácteres de pais a fillos (o que agora chamamos [[xenotipo]]). O xene mendeliano é unha unidade de función, estrutura, transmisión, [[mutación]] e evolución que se distribúe ordenada e linealmente nos cromosomas.
* A palabra xene foi acuñada en 1909 polo botánico danés Wilhelm Ludwig Johannsen a partir dunha palabra grega que significa "xerar", referíndose á unidade física e funcional da herdanza biolóxica.
* Cara a 1950 impúxose o concepto de xene como a cadea de ADN que dirixe a síntese dunha proteína. Este é un concepto que proporciona unha natureza molecular ou estrutural ó xene. O xene codifica proteínas e debe ter unha estrutura definida pola orde lineal dos seus [[codón|triplete]]s.
* Máis tarde xorde o concepto de xene como "a cadea de ADN capaz de dirixir a síntese dun polipéptido". Este concepto xorde ó comprobar que a maioría das proteínas están formadas por máis dunha cadea polipeptídica e que cada unha delas está codificada por un xene diferente.
* Actualmente sábese que algúns xenes codifican máis dun [[polipéptido]] e que unha proteína pode ser codificada polo conxunto de diferentes xenes. A existencia de xenes solapantes e o procesamento alternativo rebaten a hipótese dun xene -> un polipéptido. Máis ben debe proporse a relación inversa, un polipéptido -> un xene. Ademais existen algúns xenes que non codifican proteínas senón ARN con función propia ([[ARN transferente]]s e [[ARN ribosómico]]s, por exemplo) e que non se traducen, polo que non é necesaria a tradución para que un xene teña unha función determinada. O xene é, pois, a unidade mínima de función xenética, que pode se herdar.