Codón: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
Un '''codón''' é cada unha das agrupacións de tres nucleótidos seguidos (tripletes) que se atopan nos [[ARNm]] maduros e que codifican a información para a [[síntese de [[proteína]]s. O ARNm maduro está formado por codóns en toda a súa lonxitude agás nos seus dous extremos 5' e 3', que son zonas non codificantes. Aínda que a información xenética se almacena de forma permanente no [[ADN]], esta, para expresarse, traspásase primeiro aos [[ARN]] durante a transcrición. Cada xene do ADN que codifica unha proteína transcríbese a un ARNm complementario, que é o que será directamente traducido para proteínas nos [[ribosoma]]s do citoplasma. Por tanto, a información que é directamente descodificada durante a síntese proteica é a do ARNm e non a do ADN, polo que os codóns son tripletes do ARNm e levan [[uracilo]].
 
A información do ARNm escríbese con catro "letras", que corresponden ás catro bases nitroxenadas dos seus nucleótidos: [[adenina]] (A), [[citosina]] (C), [[guanina]] (G) e [[uracilo]] (U). Se agrupamos estas catro letras en grupos de 3 podendo repetilas obtemos o que en matemáticas se chama variacións con repetición, e podemos facer 64 distintas. Estes 64 tripletes distintos son os codóns do [[código xenético]]. Cada codón codifica un [[aminoácido]] determinado ou un sinal de parada. Por exemplo, UUG é un codón, e codifica o aminoácido leucina.