Luís Rial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 2:
 
==Traxectoria==
Empezou traballando nos anos sesenta na [[SER]], logo pasou á [[Radiocadena Española]] e en [[1973]] comezou a traballar como correspondente de [[Radio Nacional de España]] en [[Galicia]], con sede en [[Santiago]]. Alí permaneceu ata [[1985]] cando pasou a integrar o cadro de traballadores da entón recén creada [[Radio Galega]]. Na emisora pública galega realizou diversos traballos como reporteiro e enviado especial a países da emigración. Durante moitos anos foi o presentador dunha sección dos ''magazines'' da fin de semana que se chamaba ''Galicia en festas'', e que despois se converteu en programa de seu baixo o título ''Un día de radio''. A partir de [[2005]] dirixiu e presentou o ''[[late show]]'' ''A hora golfa'', en emisión de madrugada, ese foi o seu último programa ata que a dirección da radio decidiu a súa xubilación ao cumprir os 65 anos. Trala súa readmisión forzosa por mandato xudicial, na actualidade presenta e dirixe o programa de madrugada da [[Radio Galega]], baixo o título de ''Pensando en ti'', rótulo que popularizara Marcial Mouzo, tamén na [[Radio Galega]].
 
==Galardóns==