Diferenzas entre revisións de «Tetrapirrol»

sen resumo de edición
[[Ficheiro:Porphine.svg|thumb|150px|Algunhas formas pirrólicas ([[Pirrol]], [[Porfina]], [[Porfirina]], [[Porfirinóxeno]].]]
 
Un '''tetrapirrol''' é un composto que contén catro aneis [[pirrol]]. Coa excepción da [[corrina]], os catro aneis pirrólicos están interconectados por medio de pontes dun carbono ([[metino]] ou [[metileno]]), tanto con disposición linear coma cíclica. Debido á súa capacidade de formar complexos metálicos e aos seus dobres enlaces conxugados que absorben luz, estes compostos son moi importantes nos sistemas biolóxicos.
 
Os tetrapirroles lineares ([[bilano]]s) presentan tres pontes dun carbono. Entre eles están:
* Produtos da degradación do grupo [[hemo]], como por exemplo os pigmentos biliares como a [[bilirrubina]].
* As [[ficobilina]]s, pigmentos captadores de luz propios das [[cianobacteria]]s, como a ficocianobilina e a ficoeritrobilina.
 
Os tetrapirroles cíclicos presentan catro pontes dun carbono. Entre eles están:
* As [[porfirina]]s. Por exemplo o [[hemo]], que deriva da protoporfirina IX e contén ferro, e forma o [[grupo prostético]] da hemoglobina, mioglobina, citocromos, catalases e peroxidases.
* As [[clorina]]s. As máis importantes son as [[clorofila]]s, por exemplo a clorofila ''a'', que tamén conteñen unha protoporfirina IX modificada e conteñen magnesio.
* As [[corrina]]s, que cambiaron unha das pontes metino convencionais por un enlace directo interpirrólico.
 
188.051

edicións