Linguas goidélicas: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m r2.5.2) (bot Engadido: la:Linguae Goedelicae |
m Bot: Elimino: de, nl, ca, ja, zh, eo, fr, en, pt, no, pl, es, da, ko, br, simple, be, nn, ga, wa |
||
Liña 1:
As '''linguas goidélicas''' ou [[gaélico|gaélicas]] forman unha familia de [[linguas célticas]], distinta do grupo das [[linguas britónicas]]. Comprenden:
* o [[lingua irlandesa|irlandés]] (así como o [[lingua irlandesa antiga|antigo irlandés]])
* o [[lingua gaélica escocesa|escocés]]
* o [[lingua manx|manx]]
O nome ''gaélico'' designa comunmente o conxunto destas linguas.
O caso do ''[[shelta]]'' está suxeito a discusión: malia que polo léxico a lingua se aproxima ao irlandés, trátase no fondo dunha lingua sintacticamente xermánica.
==Comparación de linguas célticas==
Unha das distincións é o /p/ das linguas britónicas e o /k/ das linguas goidélicas:
{| border="1" cellspacing="1px"
| || colspan="3" | <center>''linguas goidélicas''</center> || colspan="3" | <center>''linguas britónicas''</center>
|-
! galego
! irlandés
! escocés
! manx
! bretón
! galés
! córnico
|-
| '''cabeza'''
| ''ceann''
| ''ceann''
| ''kione''
| ''penn''
| ''penn''
| ''penn''
|-
| '''catro'''
| ''ceathar''
| ''ceithir''
| ''kiare''
| ''peder'' (f)
| ''pedwar''
| ''peswar''
|-
| '''cinco'''
| ''cúig''
| ''còig''
| ''queig''
| ''pemp''
| ''pump''
| ''pymp''
|-
| '''quen'''
| ''cé''
| ''cò''
| ''quoi''
| ''piv''
| ''pwy''
| ''piw''
|}
==Situación actual==
O gaélico irlandés fálase principalmente na [[Gaeltacht]] na costa oeste de [[Irlanda]]: é a primeira lingua nacional deste país onde a súa revalorización é obxecto dun debate político ante o emprego dominante do [[lingua inglesa|inglés]] (''unha'' segunda lingua nacional segundo a Constitución).
Nalgunhas provincias afastadas de [[Escocia]] como [[Skye|Illa de Skye]], pódense atopar aldeas onde os seus habitantes falan só gaélico escocés. En [[Escocia]] creáronse escolas onde as clases se poñen só en lingua gaélica.
En [[Canadá]], só os [[escoceses]] das Highlands e os [[galeses]] fundaron comunidades onde a súa lingua materna deu sobrevivido ata os nosos días. Atópanse comunidades gaélicas escocesas na [[illa de Cap-Breton]] e en tres condados do leste de [[Nova Escocia]] ([[Guysborough]], [[Pictou]] e [[Antigonish]]), na [[Illa do Príncipe Eduardo]], no val de [[Codroy]] no suroeste de [[Terranova]], no condado de [[Compton]] no [[Quebec]], no sur do [[Ontario]] (os condados de [[Stormont]], de [[Dundas]] e de [[Glengarry]] ao sueste de [[Ottawa]], e no condado de Middlesex ao oeste de London), así como nunha e outra parte da fronteira entre o [[Manitoba]] e o [[Saskatchewan]].
==Algunhas expresións e palabras gaélicas==
* ''Ciamar a tha thu ? '' (Como che vai?) (escocés); ''Kys t'ou ?'' (Como che vai?) (manx).
* ''Sasannach '' (palabra pexorativa que designa un inglés) (escocés).
* ''a leannáin '' (queridiña) (irlandés).
* ''ruadh '' (vermello) (escocés).
* ''Iain '' (Xoán) (escocés); ''Seán'' (Xoán) (irlandés).
* ''Tá baisteach ann'' (chove) (irlandés).
* ''mac '' (''fillo'' de onde por exemplo Mac Liam = fillo de Liam).
===Exemplos===
{| border="1" cellspacing="1px"
! '''galego'''
! '''irlandés'''
! '''escocés'''
! '''manx'''
|-
| Gaélico
| Gaelach
| Gaidheal
| Gaelgagh
|-
| '''día'''
| lá
| latha
| laa
|-
| '''noite'''
| oíche
| oidhche
| oie
|-
| '''dentro'''
| isteach
| a-steach
| ayns
|-
| '''escola'''
| scoil
| sgoil
| scoill
|-
| '''igrexa'''
| eaglais
| eaglais
| keeill
|-
| '''neno'''
| páiste
| pàiste
| paitchey
|-
| '''sen'''
| gan
| gun
| gyn
|-
| '''autoridade'''
| údarás
| ùghdarras
| ard-ynseyder
|-
| '''oficina'''
| oifig
| oifis/ oifig
| offish
|-
| '''aberto'''
| oscailte
| fosgailte
| foshlit
|-
| '''ano'''
| bliain
| bliadhna
| blein
|-
| '''radio'''
| raidió
| radio/ rèidio
| radio
|-
| '''goberno'''
| rialtas
| riaghaltas
| reiltys
|-
| '''parlamento'''
| parlaimint
| pàrlamaid
| ard-whaiyl
|-
| '''illa'''
| oileán
| eilean
| ellan
|}
==Ver tamén==
===Ligazóns externas===
====Gaélico Escocés====
* [http://fidlopez.club.fr/gaelique.htm Introduction au gaelique] – Esta páxina proponnos unha iniciación (das máis simples) ao gaélico escocés.
* [http://www.lexilogos.com/gaelique_ecossais_dictionnaire.htm Portail de LEXILOGOS] – Este portal de LEXILOGOS propón recursos útiles para a aprendizaxe da lingua escocesa.
* [http://www.smo.uhi.ac.uk/gaidhlig/ionnsachadh/bac/ Speaking Our LANGUAGE - Bruidhinn ar Cànan] [http://www.smo.uhi.ac.uk/ Sabhal Mòr Ostaig - Colaiste Ghàidhlig na h-Alba] – Creado polo Sabhal Mòr Ostaig, instituto de ensino medio, estes cursos poden seguirse gratuitamente, están en versión audio!
====Irlandés====
* [http://ysagnier.free.fr/langues/cours_ig.htm Curso de irlandés en francés] – Esta páxina moi simple, ensínanos moito sobre o irlandés. O seu autor, Yves SAGNIER, utiliza cursos de: a University College de Dublín (GAELIC-L 1992-1993), de Gaeilge-B e de " The Irish Eyes ".
* [http://www.lexilogos.com/gaelique_irlandés_dictionnaire.htm Portal de LEXILOGOS] – Este portal de LEXILOGOS propón recursos útiles para a aprendizaxe da lingua irlandesa.
* [http://www.rte.ie/rnag/ RTÉ Raidió Na Gaeltachta] – Difundida en Irlanda, esta emisora de radio difunde as súas emisións completamente en irlandés.
* [http://www.irish-sayings.com/ Irish Saying] – Páxina que ofrece a posibilidade de escoitar e descargar palabras, frases e expresións en irlandés.
====Manx====
*[http://www.gaelg.iofm.net/LESSONS/LESSONS.html Gaelg-Lessoonyn] - Varios cursos de manx, dun nivel moi simple a un nivel bastante avanzado.
*[http://www.manxradio.com/newsinGaelic.aspx Radio Vannin] – A emisora oficial da Illa de Man, cunha sección de emisións en manx, listas para descargar en formato MP3.
===Ligazóns internas===
* [[lingüística]]
** [[Linguas do mundo]]
*** [[familias de linguas]]
**** [[linguas indoeuropeas]]
***** [[linguas célticas]]
{{Linguas célticas}}
[[Categoría:Linguas goidélicas]]
[[hu:Goidel kelta nyelvek]]
[[it:Lingua gaelica]]
[[kw:Goedhelek]]
[[sco:Gaelic leid]]
[[sv:Gaeliska]]
|