Serra do Suído: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
+ imaxe
mSen resumo de edición
Liña 8:
 
==A Serra e o Home==
Intúense refuxios do [[paleolítico]], e cóntase con presenza de [[mámoa]]s do período megalítico. A serra do Suído tivo e ten unha grande importancia para os labregos que viven as súas beiras. Aínda hoxe se poden ver os [[chozos do Suído]], que durante séculos foron usados polos poboadores de case tódalas parroquias do concello de [[Avión]]. Alá levaban o gando nos veráns, aos sitios que os labregos lles chaman [[sesteiros]]: unhas zonas case que reservadas para o gando de cada aldea. Aínda hoxe existen o sesteiro da Abelenda, do Rodeiro, dos Boeixos, e de case que todos os pobos do arredor. Pódense ver os chozos subindo por unha estrada que se atopa en Neva, ou por outra que hai no lugar de Mangüeiro ou indo do Espiñeiro, na parroquia da [[Amiual, Avión|Amiudal]] cara á Hedreira. Existen tamén [[Foxo de lobo|foxos de lobo]].
Intúense refuxios do [[paleolítico]], e cóntase con presenza de [[mámoa]]s do período megalítico.
 
A serra do Suído tivo e ten unha grande importancia para os labregos que viven as súas beiras. Aínda hoxe se poden ver os [[chozos do Suído]], que durante séculos foron usados polos poboadores de case tódalas parroquias do concello de [[Avión]]. Alá levaban o gando nos veráns, aos sitios que os labregos lles chaman [[sesteiros]]: unhas zonas case que reservadas para o gando de cada aldea. Aínda hoxe existen o sesteiro da Abelenda, do Rodeiro, dos Boeixos, e de case que todos os pobos do arredor. Pódense ver os chozos subindo por unha estrada que se atopa en Neva, ou por outra que hai no lugar de Mangüeiro ou indo do Espiñeiro, na parroquia da [[Amiual, Avión|Amiudal]] cara á Hedreira. Existen tamén [[Foxo de lobo|foxos de lobo]].
 
No alto da serra, vindo de Beariz cara a Pontevedra, está a Portela da Cruz. Nela pódense atopar vestixios dun camiño moi antigo, chamado a Verea, que era unha vía de comunicación moi importante para toda a zona, xa que atravesa todo o Suído e chega ou chegaba cando menos a Graña, xa en [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]]. Suponse que foi parte dun camiño real que se enlazaba con outros que unían [[Castela]] e [[Euskadi]], rematando na [[Coruña]].
Liña 27 ⟶ 25:
 
Os parques eólicos teñen suposto unha grave afección aos hábitats do Suído, malia ser un espazo natural a protexer segundo as normas subsidiarias e complementarias de planeamento de 1991.
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* ''As montañas de Galiza''. A Nosa Terra, 2006. ISBN-10: 84-8341-126-1
 
[[Categoría:Serras galegas|Suído]]