John Reed: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Paradanta (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Paradanta (conversa | contribucións)
Liña 3:
 
==Traxectoria==
Procedente dunha familia acomodada de [[Oregón]], fíxose xornalista por influencia do seu pai, un rico industrial con conciencia social, quen o animou a denunciar as miserias do mundo. Cubriu como correspondente de guerra as frontes de [[Francia]], [[Italia]], [[Alemaña]], [[Turquía]] e [[Rusia]] na [[Primeira Guerra Mundial]]. O réxime zarista encarcelouno en [[1916]] polos seus artigos, nos que puña en evidencia a corrupción do exército ruso. É famoso pola súa obra ''[[Ten Days that Shook the World]]'' (Dez días que estremeceron o mundo), onde conta de primeira man os acontecementos que conduciron á [[Revolución Rusa de 1917|revolución bolxevique]]. De volta aos Estados Unidos en agosto de 1919 fundou o [[Partido Comunista dos Estados Unidos]], mais tivo que fuxir da represión norteamericana, marchando de novo a [[URSS]], onde falecería de [[tifus]] ao ano seguinte.
 
== Véxase tamén==