Mareas vivas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Xqbot (conversa | contribucións)
m r2.7.2) (Bot: Modifico: es:Mareas vivas; cambios estética
Liña 32:
Para moitos dos seus actores, Mareas vivas foi un trampolín cara á fama en [[Galicia]] e nalgúns casos propiciou o salto ó panorama nacional. O caso máis claro é o de [[Luís Tosar]].
 
== Argumento e tramas ==
Mareas vivas reflicte a realidade dunha vila mariñeira galega situada na [[Costa da Morte]].
 
Liña 41:
Algunhas das máis importantes foron:
 
=== Suso Maroto e a organización ===
 
=== Belinda e a mafia ===
 
=== A morte de dous amigos ===
 
=== O timo de Viriato e Odilo ===
 
== Emprazamentos e lugares ==
Malia que a maioría das escenas de Mareas vivas foron rodadas en [[Laxe]] (Portozás na serie), outras moitas localidades galegas foron tamén protagonistas das gravacións de moitos dos momentos cumbre da serie, como a rodaxe do rescate de Iria no [[porto da Coruña]], ou moitos outros momentos en [[Corme]] (Cormelle na serie). Os veciños de [[Cabana de Bergantiños|Cabana]] tamén puideron ser testemuñas da gravación de ''Mareas vivas''.
 
A serie tamén trasladou a rodaxe, de forma excepcional, á illa de [[Tenerife]], máis concretamente á súa capital [[Santa Cruz de Tenerife]] para rodar os capítulos nos que Currás marchara traballar para [[Canarias]].
 
== Intérpretes e personaxes ==
 
Estes son todos e cada un dos protagonistas principais da serie ó longo dos seus 5 anos de vida:
 
* '''[[Luís Tosar]]: Andrés Domínguez''' (1998-2000)
:Canso da súa vida na [[Coruña]], Andrés decide aproveitar a oportunidade que se lle presenta ó ser elixido para ocupar unha praza vacante como xuíz nunha pequena vila mariñeira chamada Portozás, o que lle acaba supoñendo a ruptura coa súa moza Mónica. Acaba casando con María, pero todo comeza a complicarse cando marchan para [[Bruxelas]] e acaban divorciándose.
 
* '''[[Isabel Blanco]]: María Ares''' (1998-2002)
:Despois de que o seu marido desaparecese no mar hai dous anos, María tívose que facer cargo ela soa da súa filla Iria. As dúas viven nunha casiña nos arredores da vila. Chega a casar con Andrés e mesmo marcha xunto a el cando este se vai traballar para [[Bruxelas]], pero acaba voltando e divorciándose del, casando tempo despois con Viriato. Ao principio da serie era caixeira do supermercado Único; máis tarde converteuse en traballadora do Concello.
 
* '''[[Luis Zahera|Luís Zahera]]: Celso Álvarez Puga "Petróleo"''' (1998-2002)
:Tempo atrás traballara nas plataformas e por iso todo o mundo lle chama Petróleo. Agora é o dono do bar da confraría de pescadores. É moi amigo de contar as moitas historias que viviu na súa época de mariñeiro pero os seus amigos nunca lle cren nin palabra. Ten un barco de pesca chamado ''O Cazador'', no que traballa con Mangüi. É o novo alcalde de Portozás despois de que Celia marche da vila. Logo de ter unha historia con Berta, coñeceu a Belinda, a súa parella definitiva.
 
* '''[[Camila Bossa]]: Belinda Romero''' (1999-2002)
:Chegou a Portozás fuxindo dunha mafia que lle obrigaba a traballar nunha barra americana. Despois de solucionar a situación acaba casando con Petróleo, co que ten unha filla chamada Carmiña. É da [[República Dominicana]].
 
* '''[[Sonia Castelo]]: Berta Díaz''' (1998-2000)
:É a médico de Portozás e a mellor amiga de María ao comezo da serie. Ela é de [[Vigo]] e espera que lle dean alí a praza fixa que tanto ansía. Ó final queda en Portozás, pero cando Xurxo marcha, ela vaise con el.
 
* '''[[Mela Casal]]: Celia Rei''' (1998-2001)
:É a alcaldesa de Portozás. Son típicos os enfrontamentos entre ela e Couto, pois a alcaldesa non quere que o empresario se faga con todo o control da vila, mais parece que a súa inimizade tamén vén por cousas que aconteceron no pasado, cando mantiveron unha relación. Ten unha sobriña chamada Ana. Cando marcha de Portozás é substituída no seu cargo por Petróleo.
 
* '''[[Tuto Vázquez]]: Ramón Couto''' (1998-2002)
:É o cacique da vila. É armador e construtor e case sempre consegue o que el quere. Os seus maiores propósitos son amolar a Celia -aínda que no fondo seguen namorados e acaban xuntos- e intentar facerse co varadoiro de Puntazás. É viúvo e ten dous fillos: Ladislao e Paula.
 
* '''[[Carlos Blanco]]: Ladislao Couto''' (1998-2001)
:É o fillo de Ramón Couto. Estudou Dereito en [[Santiago de Compostela]] e agora exerce como avogado picapreitos en Portozás. É hipocondriaco e un fanático dos ovnis e dos misterios do máis alá. Amigo inseparable e Currás, falece accidentalmente electrocutado na bañeira da súa casa.
 
* '''[[María Louro]]: Paula Couto''' (1998-2002)
:É a filla pequena de Ramón Couto e a irmá de Ladislao. Sempre lle leva a contra ó seu pai porque pensa que a súa forma de facer negocios, estafando e aproveitándose da xente, non está nada ben. Traballa na radio local e, posteriormente, na televisión da vila. Sae un tempo con Ismael, o irmán de Taracido co que incluso marcha a África unha tempada. Finalmente acaba saíndo con Mangüi, o seu mellor amigo.
 
* '''[[Miguel de Lira]]: Evaristo Currás / Víctor Currás''' (1998-2001)
:Currás é un percebeiro furtivo da zona. Sempre di que os seus percebes "son coma puños". Lévase mal con Taracido pois este sempre lle está a amolar e moitas das veces denúncianse un o outro. Ó que máis medo lle ten no mundo son ós esquimós. Namorado de Pitusa, acaba morrendo afogado ó salvarlle a vida a Taracido. Evaristo ten un curmán chamado Víctor que é cuspidiño a el.
 
* '''[[Xaquín Caamaño "O Platero"]]: Arturo Vidal "Mangüi"''' (1998-2002)
:Mangüi é o mellor amigo de Petróleo. Traballa como mariñeiro ata que monta o seu propio taller de motos. No pasado tivera problemas coas drogas pero logrou deixar esa época atrás e agora traballa con Petróleo n' ''o Cazador''. Tivo unha relación con Aurea, profesora no instituto da vila e despois saíu con Paula.
 
* '''[[Isabel Naveira]]: Ana Mouzo Rei''' (1999)
:É a sobriña de Celia. Traballa na radio con Paula e Chano. É unha persoa un pouco atolada e moitas das veces acaba metendo, a ela e mailos seus amigos, en problemas.
 
* '''[[Nacho Castaño]]: Chano Morais Vidal''' (1999)
:É o curmán de Manghüi. Traballa na radio con Paula e Ana. Consegue un traballo como periodista nun xornal de [[Santiago de Compostela]] e acaba marchando para alá.
 
* '''[[Xosé Manuel Olveira "Pico"]]: Don Amancio''' (1998-1999)
:O párroco da vila, don Amancio, é un cura moi moderno sempre disposto a axudar ós demais. O seu mellor amigo é Florencio. Logo de ter un accidente de coche con Petróleo e quedar nunha cadeira de rodas, decide cambiar de aires e marchar a [[Vigo]] para facerse cargo dunha parroquia da zona.
 
* '''[[Paco Campos]]: Florencio Quintela''' (1998-1999)
:Don Florencio é o primeiro mestre de Iria e Fito. É un home de mediana idade moi intelixente e culto. Mantén con Amancio unha constante rivalidade xa sexa por ver quen é o mellor xogando ó xadrez ou o mellor pescador de troitas, aínda que no fondo son moi bos amigos. É substituído por Xurxo cando é ascendido a director da escola Neira Castro.
 
* '''[[Monti Castiñeiras]]: Xurxo Vázquez''' (1999)
:É o novo mestre dos rapaces. Ó primeiro non aturaba a idea de ser substituto nunha vila coma Portozás pero co tempo acaba sendo un máis entre a xente. Ó final acaba marchando a [[Mozambique]], acompañado por Berta, para rematar a súa tese de doutorado.
 
* '''[[Santiago Romay]]: Fito''' (1998-2002)
:É o mellor amigo de Iria. É o típico estudante con malas notas e moi popular entre os seus compañeiros. Sae con Laura e na última etapa da serie apenas aparece por estar na Coruña, comezando os seus estudos universitarios.
 
* '''[[Patricia Fernández Aufiero]]: Iria Maroto Ares''' (1998-2002)
:É a filla de María e Suso. O seu mellor amigo é Fito.
 
* '''[[Tamara Canosa]]: Laura Castro''' (2000-2002)
:É a moza de Fito e amiga de Iria. Ó rematar o instituto, e tras non acadar a nota que precisaba para estudar a carreira que quería pese a caracterizarse por ser bos estudante, acaba traballando como camareira no Petróleo para sacarse uns cartiños.
 
* '''[[Martiño Rivas]]: Dani''' (1999)
:Dani convértese no fillo adoptivo de Andrés logo da repentina morte do seu pai. É un pouco maior que Fito e Iria, aínda ue fai boas migas con eles durante o pouco tempo que está na serie.
 
* '''[[Uxía Blanco]]: Helena Souto''' (1999-2000)
:Elena chega dende [[Barcelona]] logo da morte do seu pai para facerse cargo do varadoiro que lle deixara en herdanza. Despois de moitos problemas cos bancos e de intentar por tódolos medios que a situación económica do varadoiro de Puntazás mellorase, Helena decide, con certa tristura, desfacerse del e volver para [[Barcelona]]. Foi moza do segundo xuíz de Portozás, Carlos.
 
* '''[[Evaristo Calvo]]: Carlos Porto''' (1999-2002)
:É o substituto de Andrés cando este marcha para [[Bruxelas]]. É un xuíz novato e con pouca man dura. Tras diferentes problemas no traballo acaba collendo a baixa por depresión e vaise vivir para os cantís nunha autocaravana que acaba compartinco coa sá moza Rosa (antes saíra con Helena, e ao chegar a Portozás tiña outra moza, Cristina). O seu mellor amigo é Anselmo.
 
* '''[[Eva Fernández]]: Rosa''' (2000-2002)
:Rosa é unha mariñeira con moita experiencia. Acaba vivindo nos cantís con Carlos e sendo elixida como patroa maior da confraría de pescadores.
 
* '''[[Patricia Vázquez]]: Sabela Muíños''' (2001-2002)
:É a nova xuíza e substituta de Carlos. Lévase moi ben con Pitusa e incluso acaban vivindo xuntas.
 
* '''[[Ana Santos]]: María Xesús Seoane "Pitusa"''' (1998-2002)
:É a secretaria do xulgado. É moi seria e disciplinada no seu traballo. Estivo a piques de casar con Anselmo, aínda que estaba namorada de Currás, co que acabou vivindo a ata a morte deste.
 
* '''[[Víctor Mosqueira]]: Francisco Taracido Taracido''' (2000-2002)
:Igual ca Currás, Taracido é un percebeiro furtivo. Calquera motivo é bo para amolar a Currás, xa sexa por problemas cos percebes ou polas propiedades das terras. Está casado con Concha.
 
* '''[[Amelia Rodríguez]]: Concha''' (2001)
:É a muller de Francisco Taracido. Aínda que o abandona por outro, el marcha a buscala e acaban vivindo xuntos de novo.
 
* '''[[Manuel Lourenzo]]: "Melgacho"''' (1998-2002)
:Melgacho é un vello e sabio mariñeiro. Toda canta historia hai e coñecida por Melgacho. Toda a xente pensa que é moi bo conselleiro mais o único que el fai e falar do que máis lle gusta no mundo: o mar.
 
* '''[[Marcos Viéitez]]: Suso Maroto''' (1998-1999)
:É o home de María, desaparecido hai anos nun naufraxio de dado oficialmente por morto.
 
* '''[[Roberto Vidal Bolaño]]: Miguel Aguiar''' (1998-1999)
:É un temido avogado que leva o caso de Maroto. Planea e coordina o secuestro de Iria.
 
* '''[[Miguel Varela]]: Hadrián''' (1999-2000)
:É un veterano traballador do varadoiro de Puntazás.
 
* '''[[Suso Lista]]: Suso Lista''' (2002)
:É un mariñeiro que anteriormente traballara no varadoiro de Puntazás. Tivo problemas co xogo.
 
* '''[[Alfonso Agra]]: Anselmo''' (2000-2001)
:É o médico que substitúe a Berta. O seu mellor amigo é Carlos, co que comparte a paixón polas aves. Estaba namorado de Pitusa, coa que estivo a piques de casar.
 
* '''[[Nunci Valcárcel]]: Loli'''
:É caixeira do supermercado. Caracterízase por ser moi cotilla e estar sempre pendente da vida dos demais. Nas últimas etapas da serie convértese en muller do tempo da canle de televisión local de Portozás e mantén unha relación co garda civil Manolo.
 
* '''[[Xavier Estévez]]: Viriato''' (2001-2002)
:É un sofisticado avogado que engana a María para quitarlle os cartos á xente. Ó final arrepíntese de todo o mal feito e trama un plan para traizoar o seu xefe Odilo e recuperar o diñeiro de todos. Casa con María, traballa con Couto e acaba sendo moi querido por todos os habitantesde Portozás.
 
* '''[[Xurxo Souto]]: Brais''' (2001-2002)
:É o locutor de Radio Portozás e, máis tarde, tamén forma parte do equipo da televisión local superado o pánico escénico inicial.
 
* '''[[Miro Magariños]]: Don Vicente''' (2002)
:É o novo cura de Portozás trala marcha de Don Amancio.
 
* '''[[César "Goldi"]]: Lisardo Montes''' (2002)
:Coñeceu a Viriato na cadea e as marabillas que este lle contou sobre Portozás foron as que lle fixeron decidirse ir vivir para a vila. Acaba atopando un traballo como encargado da limpeza.
 
* '''[[López Baño "Tanas"]]: Manolo''' (2002)
:É un membro da [[Garda civil]] algo parado e mozo de Loli.
 
* '''[[Adrián Búa]]: Lois'''
:É amigo e compañeiro de moitas das trasnadas de Fito e de Iria, da que acaba sendo mozo.
 
* '''[[Ronaldo Delgado]]: Ismael Taracido''' (2001)
:É medio irmán de Francisco Taracido.
 
* '''[[Rebeca Montero]]: Mónica''' (1998)
:É a antiga compañeira sentimental de Andrés.
 
* '''[[Mariana Carballal]]: Cristina''' (2001)
:É a compañeira sentimental de Carlos cando chega a Portozás.
 
== Lista de episodios ==
{{AP|Lista de episodios de Mareas vivas}}
A teleserie Mareas vivas conta cun total de 152 episodios divididos en 10 tempadas.
 
== Véxase tamén ==
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.crtvg.es/tvg/ficha.asp?prog=14&tv=GTV&tipo=Series Páxina oficial de Mareas vivas na TVG]
* [http://www.culturagalega.org/avg/produccion.php?Cod_prdccn=227&busca=Mareas%20vivas Mareas vivas en AVG de Culturagalega.org]
 
 
Liña 202:
[[Categoría:Series de televisión galegas]]
 
[[es:Mareas Vivasvivas]]
[[eu:Mareas Vivas]]