Soma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
O [[núcleo celular|núcleo]] é grande e similar ao doutras células, coa cromatina espallada de modo moi uniforme na maior parte dos casos.
 
O pericarion contén todos os [[orgánulo]] típicos, incluíndo uns gránulos característicos chamados [[corpos de Nissl]] e inclusións e un [[citoesqueleto]] moi desenvolvido. O [[aparato de Golgi]] é semicircular e está situado a metade de camiño entre o núcleo e a [[membrana lasmáticaplasmática]] e nas tincións clásicas con prata ou osmio perfilábase perfectamente. As [[mitocondria]]s son moi numerosas e con forma de bastonciño, pero son xeralmente máis pequenas ca as dos tecidos non nerviosos e as súas cristas non se orientan sempre transversalmente como é máis común, senón que con frecuencia son paralelos ao eixe maior da mitocondria. Os [[centriolo]]s están presentes nas células preneuronais embrionarias, pero son menos frecuentes nas células adultas de vertebrados.
 
No pericarion poden aparecer [[vesícula]]s especializadas cargadas de substancias, como as vesículas das células produtoras de catecolaminas que conteñen o neurotransmisor, ou as vesículas cargadas de hormonas das neuronas do hipotálamo<ref name="fawcett">{{cita libro| autor= D. W. Fawcett| título= Tratado de Histología| ano=11ª edición| editotial= Interamericana-Mac Graw Hill| páxinas 313-322}}</ref>. No pericarion son frecuentes as inclusións en forma de gránulos de pigmentos escuros, que en neuronas como as da substancia negra son de [[melanina]]. tamén son moi comúns os gránulos de [[lipofuscina]] e as gotiñas de [[lípido]]s. Son máis raros os depósitios granulares de ferro, que aparecen nalgunhas neuronas como as da substancia negra ou o globo pálido. Polo contrario, as neuronas diferenciadas non presentan gránulos de [[glicóxeno]].