Soma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
O '''soma''' é o corpo celular das [[neurona]]s, que contén o [[núcleo celular|núcleo]] e o [[citoplasma]]. O citoplasma recibe o nome de '''pericarion''' (etimoloxicamente "arredor do núcleo"). Do soma celular saen as expansións das neuronas, [[dendritas]] e [[axón]]. Hai moitos tipos diferentes de neuronas, e o seu tamaño e o do seu soma é moi variable. O perfil do pericarion é xeralmente anguloso ou poligonal, e a superficie cúrvase e é algo cóncava antes das zonas desde onde emerxen as dendritas e o axón, pero tamén hai casos de somas arredondados, como os das neuronas dos ganglios das raíces dorsais.
 
O [[núcleo celular|núcleo]] é grande ée similar ao doutras células, coa cromatina espallada de modo moi uniforme na maior parte dos casos.
 
O pericarion contén todos os [[orgánulo]] típicos, incluíndo uns gránulos característicos chamados [[corpos de Nissl]] e inclusións e un [[citoesqueleto]] moi desenvolvido. O [[aparato de Golgi]] é semicircular e está situado a metade de camiño entre o núcleo e a [[membrana lasmática]] e nas tincións clásicas con prata ou osmio perfilábase perfectamente. As [[mitocondria]]s son moi numerosas e con forma de bastonciño, pero son xeralmente máis pequenas ca as dos tecidos non nerviosos e as súas cristas non se orientan sempre transversalmente como é máis común, senón que con frecuencia son paralelos ao eixe maior da mitocondria. Os [[centriolo]]s están presentes nas células preneuronais embrionarias, pero son menos frecuentes nas células adultas de vertebrados.